Gañadores da 1º Bolsa de Estudos en Deseño

Reunido o xurado do concurso da 1º Bolsa de Estudos en Deseño, convocado por Aula D, e conformado éste por Manuel Barreiro Chao (director do centro), Pedro Román Company (xefe de estudos), Xerardo Pérez Medrano (arquitecto e profesor de Tecnoloxía), Diego Fernández Pérez (deseñador e xefe do dpto. de Gráfica Publicitaria) e Andrea Costas Lago (artista e profesora de Fotografía), acordan conceder unha bolsa de estudos aos seguintes participantes:

– Be Ita (Beatriz Santorun Vázquez)

– Nerea Macabra Elektro Duende (Nerea Paños Boente)

Os primeiros tres finalistas, por número de votos, foron Beatriz Santorun Vázquez (263 votos), Nerea Lorenzo (215 votos), Nerea Paños Boente (211 votos). Os outros tres finalistas seleccionados foron Beatriz Fernández García, Diego Orge Vázquez e Daniel Alonso Pérez.

 

Os catro finalistas que non foron premiados están invitados a asistir ao cursiño monográfico que eles elixan dos que Aula D levará a cabo durante o curso 2013/2014.

Parabéns aos gañadores así como ao resto de participantes.

Takeshi Miyakawa

Deseñador nado en Tokyo, as súas pezas de moblaxe son moi sinxelas, alomenos baséanse en ideas moi sinxelas ao tempo que divertidas e cun certo sentido do humor.

Tenta que os seus traballos sexan lixeiros, pois o pesado pode ser sinónimo dun mal deseño, aínda que poidan ter unha inteción ou ben damasiadas intencións, pero polo xeral as obras mestras transmiten lixeireza, un algo etereo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D

Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 1ª bolsa de estudos en deseño.
Se che gusta o deseño, a publicidade, a fotografía, o interiorismo, e sobre todo a creatividade…
…tes a oportunidade de obter unha bolsa de estudos para formarte connosco o vindeiro curso, nun dos ciclos oficiais de Grao Superior que impartimos:
– deseño gráfico
– deseño de interiores Seguir leyendo «1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D»

Charla do ilustrador Iago Araujo

O pasado 30 de abril tivemos a sorte de que o deseñador e debuxante Iago Araujo dera unha charla na nosa escola sobre os puntos chave á hora de realizar un cómic divulgativo e didáctico como o seu marabilloso proxecto ¿Qué é o comercio xusto? , editado en tódolos idiomas da península e distribuido tanto en España coma en Portugal. A ponencia poñía punto final á exposición do seu traballo no espazo polivalente de aula D durante o mes de abril. Nela puidemos apreciar todo o proceso creativo dun cómic dende os primeiros bosquexos ata o resultado final, pasando polas fases de planificación e estructura, guión, creación das personaxes, escaneado, coloreado, maquetación, etc… Seguir leyendo «Charla do ilustrador Iago Araujo»

Bolsas de estudos para exalumn@s

Nestes tempos difíciles que nos toca vivir, en Aula D pensamos que a formación segue a ser unha das principais maneiras de estar nas mellores condicións para afrontar a crise. Tamén creemos no deseño, e que éste pode mellorar a vida das persoas. Queda moito por facer.

Tód@l@s exalumn@s que xa obtiveran un título de Técnico Superior en Aula D poden estudar o outro ciclo que impartimos coa axuda dunha bolsa de estudos de xeito que o custo total reduciríase nun 50%.

Aproveita e chámanos si crees que aínda tes cousas que aprender con nós.

Cinco alumnos de aula D premiados no Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Nesta 9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato presentáronse 815 fotografías cun total de 350 participantes. Ao acto de entrega de premios, levado a cabo no Instituto de Monelos, na Coruña, asistiu o rector da Universidade da Coruña, Xose Luis Armesto, e o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.

Dende aulaD queremos dar os nosos parabéns á organización do concurso polo seu esforzo en pór en valor, promover e difundir ás novas promesas da creación fotográfica galega.

Tamén felicitamos a cinco dos nosos alumnos que resultaron galardonados na presente edición: Daniel Chapela, Mari Carmen Martínez, Andrés Aguiar e Uxía Benlloch, premiados con cadanseu accésit e, de xeito moi especial, a Sandra González Villanueva, que obtivo o 1º premio co seu traballo Simbiosis, sendo así o segundo ano consecutivo que unha das nosas alumnas acada este recoñecemento.

Exposición ‘100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007’

Esta exposición estará no Museo ata o 28 de abril. Con obras de creadores como André Lurcat, Fritz Hellmut Ehmcke, Peter Behrens e Hermann Gretsch; a mostra conmemora o centenario da Deustscher Werkbund, a Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich.

Seguir leyendo «Exposición ‘100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007’»

Abrir publicación

9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Este mes remata o prazo de presentación de traballos para a nova edición (e xa vai pola novena) do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Agardamos que a calidade dos proxectos seleccionados sexa igual de boa, ou se cabe mellor, ca dos do ano pasado onde resultou premiada a nosa alumna Sandra Tomé Argibay cunha serie de imaxes pertencentes ao seu proxecto personal do módulo de Fotografía A trip to the past present. 

Podedes ampliar información sobre o concurso na súa páxina de facebook e consultar as bases neste vínculo.

Navegación de entradas

1 2 3 6 7 8 9 10 11 12 14 15 16
Volver arriba