A partires de mañán, día 16 de Maio, e ata a 1 de Xuño, contaremos coa exposición dos traballos do módulo de fotografía do alumnado de segundo ano do Ciclo de Gráfica Publicitaria.
Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo Data: 16 de maio Acceso: libre
Horario, lectivo:
de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 15,00h.
de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.
O último dos proxectos sobre a rehabilitación en Casaio que se publica parte de Lorena Serrano e Iris Vila, alumnas de segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración. Con todos os traballos que se expuxeron sobre este tema, preténdese mostrar as diferentes perspectivas e solucións que xurdiron dunha única idea: rehabilitar unha antiga vivenda na provincia de Ourense.
:::DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS:::
Realizamos a rehabilitación dunha vivenda tradicional propia da arquitectura popular galega «das serras» situada na Serra da Mina en Casaio – Ourense.
Adaptaremos a vivenda ao seu novo uso como Oficina de Rehabilitación Comarcal, a que require un espazo de traballo para persoal técnico, unha sala de xuntas, unha oficina de dirección, unha zona de exposición e unha recepción.
http://www.flickr.com/photos/adblog/7166937874/in/photostream Mon Oncle, é un proxecto levado a cabo por Olaya Docampo Boubeta (alumna do segundo curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D) cuxa finalidade é a reforma dun local na rúa Teixugueiras (Vigo) para convertelo nun restaurante baseado na temática da película Mon Oncle, de J. Tati.
A premisa fundamental do proxecto reside nunha nova lectura do contido da película como un gran espazo teatral, é por isto que o espazo concibese como unha escenografía na que se suceden os diferentes actos da obra.
:::ZONIFICACIÓN:::
A: Terraza cuberta, trátase dun espazo exterior e de lecer. B: Barra de servizo e comida rápida, formada por unha barra alta e unha zona de mesas cun banco corrido. C: Aseos D:Office e acceso á cociña. E: Restaurante, dividido en dúas zonas, sendo a primeira para comidas rápidas e a segunda de carácter máis íntimo. F: Plataforma elevada destinada a zona de copas e sobremesa. Seguir leyendo «Mon Oncle: Restaurante interpretando a película de Jacques Tati por Olaya Docampo»
Rehabilitación en Casaio, é un proxecto técnico no que se leva a cabo a reforma dunha vella vivenda en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) para convertila nunha Oficina Comarcal de Rehabilitación.
O traballo, realizado por Paz Ledo e Teresa Garrido, alumnas de segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración na escola, consiste na elaboración da documentación do proxecto, con todo-los planos técnicos necesarios para a correcta execución da obra: demolicións, estructura e cimentación, tabiquería e acabados, carpinterías, sección constructiva, fontanería, saneamento,electricidade e iluminación, climatización,…
Eiquí amosamos alguns dos planos presentados.
O Mércores día 2 de Maio, a Asociación de Antigos Alumnos do I.E.S. MONELOS da Coruña, fixo entrega dos premios do 8º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, na que se presentaron ao redor de 500 fotografías de 192 alumnos de diferentes centros de estudo galegos.
Nesta oitava edición, o xurado, formado por Xose Díaz, Tino Fraga,Pablo Mella, Antón Orosa, Blas Rodriguez e o propio Xurxo Lobato, concedeu 3 premios, 13 accésits e unha mención especial cara á nosa escola, Aula D, por seres o centro onde estuda (2º ano do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria) a gañadora deste certame: Sandra Tomé Argibay. Seguir leyendo «8ª Edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato»
http://www.flickr.com/photos/adblog/6939358875/in/photostream Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.
Tendo isto como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente. Seguir leyendo «# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola»
Typogami é unha tipografía animada creada polo estudio holandés Calango e realizada co programa After Effects. Esta tipografía, inspirada na arte xaponesa do origami e que permite realizar diferentes variacións das cores, ángulos de pregadura, luces, sombras e un longo etcétera, pódese descargar de forma gratuíta na súa versión estática na páxina de facebook de Calango.
Esta versión consta dunha fonte con tres estilos que poden ser amoreados uns enriba doutros para formar o tipo de letra completa, así como un arquivo de Adobe Illustrator con todos os símbolos e caracteres nun lenzo. Pola contra, a versión animada, require Adobe After Effects CS3 ou superior e a descarga tamén inclúe un screencast co manual de usuario.
Proxecto vivenda é un dous proxectos que se desenvolve non 2º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD, realizado por Fernando Pena. A continuación, exponse un breve resumo do mesmo acompañado dunha pequena galería deimaxes onde pódese comprobar todo o proceso de traballo, dende o plantexamento do problema ata a realización final.
A vivenda en cuestión está situada na Coruña, no Concello de Cambre. Conta cun sistema de construción mediante bloques de termoarxila eco de e=29cm, ventás de carpintaría de aluminio lacado e vidro illante 6,12,4. Ten unha superficie total construída de 105 m² distribuídos en 80 e 25 m² para a planta baixa e un entrechán respetivamente. Os promotores son unha parella con dous fillos pequenos. Seguir leyendo «Proxecto vivienda: proxecto de primeiro P.D.O. por Fernando Pena»
Fai un década un grupo de persoas que estudiaran na Escola de Artes e Oficios fundaron un obradoiro, Espacio Cerámico, coa intención de traballar e vivir ó redor da cerámica.Na actualidade esa idea non mudou.
De rapaces decíannos vaia pezas estades feitos e así empezamos a fabricar,.. en definitiva a crear pezas… algunhas delas podedes velas na Escola de Deseño Aula D.
Dende o pasado día 11 de Abril ata o vindiero 11 de Maio, unha nova mostra que forma parte do ciclo de exposicións deste ano 2012 na escola. Nela exhíbense as obras de 9 artistas (Puri Alonso, María Meda, Javier Aguilera, Raquel Cendón, Edu Alonso, Maribel Carrera, Xoubinha, Eva Izquierdo e Oita) pertencentes ao obradoiro vigués Espacio Cerámico. Nela poderemos ver traballos de diversos estilos e xeracións cun nexo común, a cerámica.
Horario:
polas mañás, de luns a venres e de 9,00 a 15,00h.
polas tardes, de martes a xoves e de 16,30 a 21,00h.
Dentro do ciclo de conferencias que ven promovendo a escola ao longo deste curso, o mércores día 11de abril o ceramista Miguel Vázquez falou sobre Cerámica e función.
Na charla-coloquio Miguel Vázquez, membro da Academia Internacional de Cerámica de Xenebra (Suíza) e profesor do Obradoiro de Cerámica da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, explicou a evolución e funcionalidade do deseño cerámico dende Arts&Crafts ata os nosos días, facendo un breve repaso da obra de diferentes autores nacionais e internacionais do talle de Sori Yanagi, Eva Zeisel, Nathalie Choux, Tomas Kral, Ariel Rojo ou as galegas Marta Armada e María Meda , que se adican ao deseño de moda e complementos, que comezaron a súa andaina no mundo cerámico da man de Miguel Vázquez.
Lugar: aulaD, escola de Artes e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo Data: 11 de abril ás 12:00 Acceso: libre ata completar aforo