O xoves 28 de xaneiro ás 12:30 horas visitarán a escola a deseñadora gráfica Noemí Díaz Patiño (Itrynottothink) e os arquitectos Alberto Cebral e Ramón Viéitez, que impartirán unha conferencia baixo o título DESEÑO HIPERACTIVO. Deseñar contra os elementos e non tirar a toalla. Reinventarse.
No transcurso da mesma presentarán varios proxectos de deseño e non só deseño.
Son socios fundadores de Espacio Nido, situado no Barrio Alto do Casco Vello, estando comprometidos coa promoción deste ao través da páxina web Fairúa, e da Asociación Veciñal, participando na organización de ciclos de cine e teatro levados a cabo na Praza do Abanico
Dende Aula D queremos contar coa participación de todos os que vos queirades achegar á escola e agradecer por adiantado a vosa asistencia.
Etiqueta: coworking
Aulas na rúa
O pasado mércores un grupo de alumnos e profesores da especialidade de Deseño de Interiores de AULA D , levamos as aulas á rúa deténdonos en distintos puntos da cidade.
Compartimos co deseñador de interiores Jairo Bello preto de hora e media nunha das súas obras en fase de realización, falando do proceso construtivo, de consideracións de tipo proyectual, da inclusión na proposta dalgúns elementos preexistentes e da toma de decisións á hora de concretar os materiais de acabado e a súa posta en obra. Logo viñeron as preguntas sobre estas e outras cuestións relacionadas co desenvolvemento da profesión e da súa propia traxectoria.
Tamén como toma de contacto e información previa para un traballo desenvolvido actualmente na escola visitamos tres coworkings , o primeiro deles, VAINA, na rúa Falperra. Recibiunos o deseñador gráfico Juan Branco que ten alí a súa mesa de traballo compartindo espazo co resto dos compoñentes. Este espazo dedícase no seu maior parte a talleres: pintura, serigrafía, deseño e confección de roupa, ensaios musicais, etc. xunto con outros postos en mesa de oficina.
Logo visitamos ESPACIO NIDO, situado no Barrio Alto do Casco Vello na Rúa Ferrería, poboado de deseñadores, arquitectos, profesionais da comunicación etc. Con Alberto Cerval, un dos seus integrantes falamos das oportunidades á hora de compartir experiencias, coñecemento e recursos nun espazo compartido. Tamén do proxecto de integración, posta en valor e dinamización do barrio, que impulsan a través da Asociación Casco Vello Alto.
Xa pasadas as trece e trinta horas achegámonos a DINAMO na rúa Ecuador, un local rescatado e repleto de pegadas dos anos sesenta do pasado século, que aglutina tamén a profesionais de diferentes disciplinas, espazos comúns para reunións ou cursos e unha sala permanente para exposicións, presentacións ou calquera tipo de evento. Grazas a Gonzalo e ao deseñador de interiores Juan Collazo por recibirnos e ilustrarnos durante a visita.
Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Fernando Pena
Coworking Galego, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estéticos dun espazo dado. Seguir leyendo «Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Fernando Pena»
Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Miguel Cerqueiro
A intervención pretende acondicionar o local para situar nel un espazo de traballo que atenda ao programa de necesidades exposto polo cliente. A premisa fundamental do proxecto reside no propio concepto no que se basea esta nova forma de traballo. O “coworking” nace en Estados Unidos durante a primeira década do século XXI, e supón unha nova alternativa para xente nova creativos que están buscando traballo, permite compartir oficina e fomenta relacións estables entre profesionáis de diferentes sectores que poden desembocar en relación cliente-proveedor. Seguir leyendo «Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Miguel Cerqueiro»
Espacio Nido: o primeiro espazo de coworking na cidade de Vigo
O 25 de Febreiro Espacio nido comezou a súa andaina, na Rúa Manuel Núñez nº35 en Vigo, cunha xornada de portas abertas onde Noemí Díaz Patiño, antiga alumna de aula D e cabeza visible desta iniciativa, deu a coñecer as instalacións do primeiro espazo de coworking na cidade.
Espacio nido conta con tódalas vantaxes dunha grande empresa (sala de reunións con proxector, office con neveira, servizos de teléfono fixo, internet e fax, etc) a un prezo alcanzable para todos os bolsillos e coa vantaxe de que permite o intercambio de visións e ideas entre diferentes profesionais, fomentando así o traballo creativo e colaborador.
Os interesados poden contactar a través do correo: espacionido@gmail.com
vía | itrynottothink