Xa está aberto o prazo de matrícula para os Cursos de Especialización 2020 que darán comezo no mes de xaneiro, dentro do programa de formación contínua da escola. Estes cursos, homologados pola Xunta de Galicia con 3 créditos ECTS, teñen unha duración de 54 horas lectivas e impártense dúas tardes á semana en horario de 18:00h a 21:00h.
Os curso van dirixido a calquera persoa que teña interese polo deseño e que desexe obter coñecementos fundamentais para o desenvolvemento de proxectos persoais ou iniciarse de cara a unha futura labor profesional. Os contidos teóricos compleméntanse co manexo de programas informáticos específicos e máis a elaboración dun proxecto persoal.
O número de prazas por curso é limitado (15) polo que, no caso de estares interesado/a, é conveniente contactar coa escola e facer unha reserva de praza.
A continuación tes os vínculos a cada un dos cursos: