O pasado martes 3 de febreiro un grupo de profesores e alumnos de Aula D asistimos, en visita guiada, á exposición PLASTIC GARBAGE PROJECT na Fundación Barrie.
O plástico é o material do que están formados boa parte dos obxectos que nos rodean e que utilizamos cada día, e co que convivimos xa dende principos do século pasado. Con tódalas súas innegables vantaxes o certo é que nos últimos tempos a súa proliferación, xunto cunha infeficiente xestión dos resíduos derivados deste, provoca unha importante repercusión no medio ambiente e, porén, nas nosas vidas. Seguir leyendo «The Plastic Garbage Project»
A conferencia impartida en Aula D o pasado venres 16 de xaneiro polo deseñador de interiores Miguel Cerqueiro sobre o seu proxecto teórico e alternativo “ESPAZO LAB” para o Barrio do Cura de Vigo deu apertura á exposición na que se amosan os traballos de fin de estudos das especialidades de Deseño de Interiores e Gráfica Publicitaria dos deseñadores Miguel Cerqueiro, Yaiza Cruces, Mari Martínez Portela e Raúl Marín, todos eles exalumnos desta escola.
Na especialidade de deseño de interiores, e como proxectos de recuperación do Barrio do Cura de Vigo, Miguel Cerqueiro amosa o proxecto “Laboratorio de Ideas” e Yaiza Cruces o de “BDC Hostel”. Dentro da especialidade de gráfica publicitaria Mari Martínez Portela expón o seu proxecto “Lembradeira” e Raúl Marín Pazó o de “Khronos ”.
A exposición pódese visitar ata o 8 de febreiro nas instalacións da escola na rúa Ourense, 4 en Vigo.
Recentemente o Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España tomou a decisión de non convocar os Premios Nacionais de Deseño e Innovación 2014, deixando así fora de todo recoñecemento a un sector clave no desenvolvemento do país. Unha decisión insólita tendo en conta que tódolos indicadores coinciden en que deseño é un dos factores determinantes en todo proceso de recuperación económica, como así recoñece a Unión Europea, e que supón un piar especialmente importante en calquera modelo que aposte pola innovación.
Dende esta escola, e en sintonía coa DAG e as principais asociacións de deseño de España, expresamos o noso profundo malestar ante esta decisión, que supón un claro desagravio a todo un sector que, dende as súas diferentes disciplinas, vai ser claramente determinante no noso crecemento nos vindeiros anos.
Adxuntamos a programación de cursos monográficos para o primeiro trimestre de 2015 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude).
Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con nos en cursos@aulad.com ou no 986214076.
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:
As alumnas de segundo curso do ciclo de Deseño de Interiores visitaron o venres 28 de novembro as instalacións de QUALITY LEDs, na rúa Romil, 28 en Vigo. QUALITY LEDs é unha empresa adicada á realización de proxectos, cálculo e montaxe de instalacións de iluminación, e especializada en tecnoloxía led.
Durante a visita se fixo fincapé nas ventaxas do uso da tecnoloxía led fronte a outras fontes de luz máis tradicionais como a incandescencia ou a fluorescencia. Pudimos apreciar o pequeno tamaño e gran potencia dos leds usados tanto para sustitución como para novas aplicacións e algúns proxectos interesantes no ámbito doméstico e comercial. O presente dos leds é xa unha evidencia pero tamén esperamos un futuro a corto prazo prometedor co uso das novas tecnoloxías OLED (organic light-emitting diode) ou LIFI.
Agradecemos ao equipo técnico de QUALITY LEDs a profesionalidade e dedicación. Grazas a Borja, Marga e Andrea polo exquisito trato que nos dispensaron.
O próximo xoves 20 de novembro o integrante de A *SOMBRA PRODUCIÓNSAlfonso V Cortizo, impartirá en Aula D (Rúa Ourense 4) unha conferencia na que amosará algúns dos traballos realizados no eido do videoclip, do documental e tamén diversos formatos para a televisión ou publicidade, que son algúns dos terreos que transita a empresa audiovisual que comparte con Javier Álvarez.
O audiovisual é un sector en continua transformación, cheo de retos de futuro e en moitas ocasións, a medio camiño entre a creación artística e a industria creativa.
”En ocasións, enfrontámosnos a unha realidade complexa nun sector que debera ser estratéxico, e polo tanto, cunha liña clara e constante de apoio institucional”.
Os avances e o abaratamento dos medios técnicos, achegaron aos novos e as novas creadoras á posibilidade de emprender a aventura en solitario, coas moitas dificultades que, como sabemos, implica o auto-emprego. As grandes empresas audiovisuais non están exentas de dificultades e retos.
Sobrevivir no medio da constante treboada que azouta a cinema e a televisión, máis profundamente en Galicia, precisa dunha grande capacidade de adaptación combinada con importantes doses de enxeño.
Alfonso V. Cortizo leva traballando arredor de 15 anos en diferentes proxectos audiovisuais, moitos deles, a través da empresa que decidiu emprender, a*sombra producións. Actualmente, traballa no guión do que será o seu seguinte traballo, a longametraxe «Contrafaces».
El pasado 14 de octubre la arquitecta Rosa Mouriño, , nos visitó para ofrecernos una ilustrativa exposición de su proyecto de fin de Máster sobre recuperación del patrimonio a través de la conferencia “Intervencións na arquitectura popular. Caso de estudo Maderuelo”. A lo largo de algo más de hora y media explicó cual fué el proceso de aproximación al proyecto, partiendo del análisis del entorno, geografía, clima, tipo de población etc hasta el análisis minucioso de Maderuelo, sentido de sus calles, diferentes usos de las plazas, distintos tipos de pavimentación exterior, tipología de sus viviendas o patrimonio intangible …
Otro aspecto de enorme interes desde el punto de vista didáctico, fue el énfasis que puso en el dibujo como herrramienta para analizar, aproximarse y detectar determinados aspectos relativos a cualquier proyecto » hasta que lo dibujas no te das cuenta».
Antes de cursar los estudios de arquitectura en Madrid, Rosa Mouriño fue alumna del Ciclo de Grado Superior de Proyectos y Dirección de Obras de Decoración en Aula D , por lo que hemos querido recoger alguna de sus impresiones y reflexiones sobre lo que ha supuesto su paso por la escuela:
P: ¿Cómo te interesaste por los estudios de diseño de interiores?
R: Yo empecé en el instituto con un bachillerato mixto en el que había la asignatura de dibujo técnico; en ese momento comencé a interesarme por la arquitectura; me fui a A Coruña a probar suerte pero a los tres años volví a Vigo donde un amigo me recomendó la escuela Aula D.
P: ¿Cómo fue la experiencia en la escuela?
R: Tanto el equipo humano como la relación con mis compañeros muy bien, muy contenta. Debido a que las clases son grupos reducidos, hay mucha cercanía y hasta una cierta familiaridad. Sobre todo me han enseñado a confiar en mi misma y ser minuciosa con mi trabajo, a cuidar el detalle y a trabajar de verdad. Esto es muy útil de cara al futuro, donde te puedes encontrar con los problemas ya expuestos en clase. Sin duda repetiría la experiencia.
P: ¿Qué tal te ha ido en el mundo laboral?
R: Tras finalizar el ciclo de diseño de interiores, me volví a matricular en arquitectura, esta vez en la Universidad Alfonso X en Madrid. Durante todo el quinto curso y fin de carrera he estado trabajando en un estudio, pero con la llegada de la crisis y la falta de empleo, al terminar decidí continuar mi formación con un Máster en Conservación y Restauración del Patrimonio Arquitectónico en la Universidad Politécnica.
Desde 2013 trabajé en un puesto de administración de urbanismo en Gondomar y actualmente desarrollo mi trabajo como autónoma.
P: ¿Algún consejo para el alumnado de la escuela?
R: Aprovechad muy muy bien el tiempo y sed esponjas. Absorbed toda la información posible, ponedle ganas y preguntad siempre. Nunca os vayáis a casa con dudas. Los profesores estarán encantados de ayudaros.
Tu formación depende de TU interés, no de tu escuela o universidad. Esfuérzate por aprender y asegurar tu paso.
Sémola é unha panadería co enderezo nas rúas Camelias e Marques de Valladades de Vigo e o seu autor Jairo Bello Alcaide, deseñador de interiores de amplo percorrido profesional é autor tamén de outros proxectos como :
Clínica Cygom no edificio Aurora na rúa República Argentina, Vigo.
Clínica de Fisioterapia Maio na rúa Areal xunto á nova estación de tren, Vigo.
OneHand compravenda de reloxos e xoias, Vigo.
Centro de Pilates Mussa na rúa Cuba, Vigo.
Restaurante Tábula en Marqués de Valladares, Vigo.
E por suposto Sémola nas rúas Marques de Valladares e Camelias, Vigo.
Actualmente está a traballar en varios proyectos:
Unha xeladería chocolatería, un restaurante “sano”, unha vivenda unifamiliar en Cangas e nun Restaurante en Pontevedra dentro dun museo.
O pasado xoves 9 de outubro impartiu na propia panadería Semola da rúa Camelias unha clase práctica para o alumnado de Aula D, escola na que noutro tempo el mesmo se formara como interiorista. Sobre o terreno explicounos dun xeito pormenorizado a infraestrutura do obradoiro, a súa maquinaria, e o proceso de produción, os criterios de deseño á hora de expor o produto, as intencións á hora de concebir o espazo público, o sistema de iluminación, as características da fachada, a elección das cores e dos materiais de acabado etc.
Foron dúas horas nas que Jairo nos fixo viaxar a través dun proceso de produción, á vez artesanal e contemporaneo e as características do espazo no que amosar e servir o produto resultante.
Co gallo do Día Mundial da Arquitectura o alumnado de Aula D asisteu ao paseo sketching organizado polo Colexio de Arquitectos de Vigo (COAG) percorrendo o tramo do Río Lagares comprendido entre a Rotonda de Citroen en S. Andres de Comesaña e o Parque de Castrelos..
Durante o percorrido, os asistentes acompañados polo Presidente do Colexio de Arquitectos Antonio Davila e os organizadores Marta Vilas, Rai Iglesias, Iria Sobrino e Pablo Castro, comprobaron de primeira man como neste tramo o canle do río foi modificado e encaixado nunha ribeira de formigón co gallo do mundial de futbol celebrado no ano 1982.
Xa pola tarde na sede do Colexio de Arquitectos de Vigo, desenvolvéronse dous relatorios, o primeiro a cargo da representante da Oficina Técnica da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo Belén González que fixo unha exposición das posibilidades que ofrece o marco do PXOM aprobado no 2008. O segundo por Iria Sobrino e Anxo de la Puente baixo o lema Xogo Limpo reflexionando sobre o conxunto de circunstancias que atinxen ao río ao longo do seu percorrido e aportando opinións de expertos e presidentes de asociacións de veciños afectadas.
O vindeiro martes día 14 de outubro en Aula D escola de deseño terá lugar unha charla sobre conservación e recuperación do patrimonio arquitectónico baixo o título «intervencións na arquitectura popular – Caso de estudo Maderuelo».
A charla será impartida pola arquitecta e deseñadora de interiores Rosa Mouriño exalumna desta escola . Ao finalizar os seus estudos superiores de Arquitectura especializouse cursando o Máster de Conservación e Restauración do Patrimonio Arquitectónico na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Realizou diversas ponencias en congresos internacionais sobre o estudo e a protección do Patrimonio Arquitectónico.
Durante a súa etapa como estudante traballou no estudio VRC, en Madrid, o que lle permitiu coñecer o funcionamento dun estudio de arquitectura (adicado fundamentalmente a proxectos de vivenda unifamiliar e rehabilitacións de inmobles, fachadas de edificios singulares, etc).
No ano 2013 conseguiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e traballou no departamento de urbanismo do Concello de Gondomar durante un ano,.
Na actualidade traballa como profesional independente no eido da rehabilitación e da conservación do patrimonio, tentando tamén facer traballlos de divulgación e difusión do mesmo mediante conferencias e publicación de artigos, etc.