Cuarto de seu é un dos proxectos que se desenvolve no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , realizado por Miguel Cerqueiro. A continuación, exponse un breve resumo do mesmo acompañado dunha pequena galería de imaxes onde se pode comprobar todo o proceso de traballo, dende o plantexamento do problema ata a realización final.
:::PROCESO DE DESEÑO:::
· PROBLEMA:
O obxecto deste traballo é o de definir a organización espacial e os aspectos estético ambientáis, dun espazo dado, para a realización do traballo cuarto de seu.
· DEFINICION:
Será un cuarto individual, para un home na trintena, estudiante de deseño de interiores e que na actualidade compaxina os estudios co seu traballo de administrativo.
http://www.flickr.com/photos/adblog/6976460023/in/photostream AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnos da materia «Expresión Gráfica» do pasado curso escolar 2010/2011. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón, acuarela ou augada, ata a técnica do «dripping» empregada polo xa mítico Jackson Pollock.
Unha pequena mostra do traballo realizado polos alumnos e alumnas do centro nesta materia de primeiro ano os cales se expuxeron recentemente no Espazo Polivalente da escola e que agora compartimos con todos vos.
Recentemente visitounos Vanesa Álvarez Díaz, antiga e polifacética alumna do centro (Promoción 2001/03) e actual deseñadora gráfica. Impartiu unha charla na que fixo un pequeno repaso de todos os seus traballos ata a data.
Vanesa comezou a traballar como deseñadora gráfica xunto con outra compañeira da escola despois de pasar por empresas como Cadena Ser, ámbalas dúas se asociaron para crear, xa no ano 2004, Estudio Boox: un estudo de deseño gráfico, interior e mobiliario cun pensamento multidisciplinar. Nestes momentos Estudio Boox disolveuse, digamos, parcialmente, xa que Vanesa segue traballando como freelance e, como ela mesma nos comentaba, nas súas tarxetas de visita segue aparecendo o nome desta empresa. Seguir leyendo «Ciclo de charlas-coloquio en aulaD, escola de deseño: Vanesa Álvarez Díaz»
O Grupo Cosentino abriu o prazo de presentación de proxectos para a VI edición do Concurso Internacional Cosentino Design Challege2012 nas súas dúas categorías: arquitectura e deseño.
A finalidade do concurso é promover entre os estudantes a investigación sobre distintas formulacións conceptuais en torno á configuración de espazos, aos materiais e sistemas construtivos que os definen, a través da experimentación con produtos da empresa Cosentino partindo sempre do respecto ao medioambiente e da posibilidade de reutilizar materiais.
O certame, dirixido a estudantes matriculados no curso académico 2011/12 en todas as Escolas Superiores de Deseño ou Arquitectura de Interiores, propón deseñar un prato de ducha integrado nun baño deseñado dende unha formulación conceptual e empregando materiais Silestone ou Eco propios do grupo Cosentino (no apartado de deseño) e, por outra parte, o deseño ou rehabilitación do vestíbulo dun hotel a partir de pezas de gran formato e tamén da marca (no apartado de arquitectura).
:::Premios:::
Establécense, para cada unha das dúas categorías (CDC Arquitectura e CDC Deseño):
TRES PRIMEIROS PREMIOS, TRES ACCÉSITS e Mencións Especiais.
Cada un dos SEIS PRIMEIROS PREMIOS estará dotado con 1.000 €. A concesión de Mencións Especiais quedará a criterio do Xurado.
As categorías que se establecen nos primeiros premios son as seguintes:
. A investigación sobre a experiencia espacial do ámbito do prato de ducha.
. A creatividade nas propostas de deseño do elemento prato de ducha.
. A adecuación á idea do proxecto das capacidades expresivas dos materiais e produtos da marca Cosentino. Así como as novas propostas sobre materiais, acabados, aplicacións, etc. que puidesen xerarse.
Non é necesaria inscrición previa, e o período de recepción de proxectos finaliza ás 20,00 horas do día 1 de Xuño de 2012. As bases poden ser consultadas e descargadas neste link.
“O vello Michael e Gerrit falaban con Vincent, o máis novo. Os dous primeiros sentados, Vincet de pé apoiado na parede. Nós no chan doutro lado da porta, agochados no corredor, escoitando como nenos a conversa dos seus pais. O primeiro curvaba una vara vara eo segundo falaba dun tal Piet mentras xogaba coas cores vermella, amarela e azul. O máis novo, que sabia moi ben do que falaban, pregaba un anaco de papel.Thonet, Rietveld e o máis novo, Martínez, despedíronse e nós liscamos.
Era polo mes de marzo e chegaron os tempos do papel e a tesoira”
http://www.flickr.com/photos/adblog/6891156091/in/photostream
Baixo este título, Claudia Silva, Xulia Veiga e Noelia Estévez fan a súa particular proposta de orla para a Promoción 2010/12 de Gráfica Publicitaria en Aula D.
Segundo comentan as autoras do proxecto, non é máis ca unha creativa presentación para futuros creativos. A través da recreación de diferentes iconos representativos da arte, o deseño e a fotografía realizan unha serie de meticulosas e excelentes interpretacións caracterizando aos alumnos/as en función da súa personalidade, das súas inquedanzas ou gustos estéticos, construindo así unha ficción cuxa función é deixar unha pegada divertida e intelixente do paso destas persoas pola escola.
Para ver algunhas das imaxes así como a orla completa, véxase:
O 13 e o 14 de abril celébrase en Madrid o sétimo evento internacional MADinSpain, que reune aos mellores estudos de deseño, axencias de publicidade e creativos de todo o mundo.
O cartel aínda non está pechado, pero xa se confirmou a presenza de Cuban Council (creadores entre outros dos logotipos de Facebook e Evernote), Stefan Sagmeister (creador de, por exemplo, as portadas do Ecstasy de Lou Reed ou o da Bridges to babylon dos afamados Rolling Stones) e Nando Costa (que conta con Nike, Apple ou Microsoft na súa carteira de clientes).
Este evento anual está organizado por Domestika, unha web onde diferentes creativos de todo o mundo comparten as súas obras e interaccionan entre eles xerando tamén ofertas de emprego.
O 25 de Febreiro Espacio nido comezou a súa andaina, na Rúa Manuel Núñez nº35 en Vigo, cunha xornada de portas abertas onde Noemí Díaz Patiño, antiga alumna de aula D e cabeza visible desta iniciativa, deu a coñecer as instalacións do primeiro espazo de coworking na cidade.
Espacio nido conta con tódalas vantaxes dunha grande empresa (sala de reunións con proxector, office con neveira, servizos de teléfono fixo, internet e fax, etc) a un prezo alcanzable para todos os bolsillos e coa vantaxe de que permite o intercambio de visións e ideas entre diferentes profesionais, fomentando así o traballo creativo e colaborador.
A Tate Gallery de Londres foi a elixida para a presentación pública dos doce carteis oficiais (seis para os Xogos Olímpicos e outros seis para os Paralímpicos) dos XXOO de Londres 2012 que foron realizados polos artistas británicos máis afamados do momento.
Segundo a Organización (LOCOG) e o Comité de Expertos (entre o que se encontra Nicholas Serota, director da Tate Gallery) que fixeron a selección das obras, foron elixidos todos aqueles traballos que conseguiron representar o espírito olímpico á vez que o talento artístico do país onde se celebran, Reino Unido.
A través de internet ou nas tendas oficiais, xa se pode comprar algún dos carteis así como unha serie limitada de gravados das obras orixinais.
Londres 2012
Work NO.1273, Martin Creed, 2011. Formas xeométricas con cores que recordan aos chanzos do podio olímpico.
Swimming, Howard Hodgkin, 2011. Grosas brochadas en diferentes tonalidades de azul que teñen á natación como fonte de inspiración.
Superhuman Nude, Fiona Banner, 2011. Poema sobre os Dereitos Humanos.
Love, Bob y Roberta Smith, 2011. Lemas escritos en caligrafía colorista cos que o autor identifíca os Xogos Paralímpicos.
For The Unknown Runner, Chris Ofili, 2011. Cartel inspirado nos atletas pintados sobre as ánforas gregas.
Divers, Anthea Hamilton, 2011. Cartel que se inspira nos deportes acuáticos.
Capital, Gary Hume, 2011. Composición de círculos e follas nunha gama de cores verde e granate.
Birds 2012, Tracey Emin, 2011. Dous pequenos paxaros xunto cun lema no que se enxalzan os valores da inspiración e a determinación.
Big Ben 2012, Sarah Morris, 2011. Representación do coñecido reloxo do Parlamento Británico realizado mediante columnas de cores.