Esta exposición estará no Museo ata o 28 de abril. Con obras de creadores como André Lurcat, Fritz Hellmut Ehmcke, Peter Behrens e Hermann Gretsch; a mostra conmemora o centenario da Deustscher Werkbund, a Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich.
Organizada en sete áreas cronolóxicas, a exposición propón un percorrido a través de paneis con representacións, información e textos da historia; e amosa case 500 obxectos entre carteis, maquetas, revistas, mobles, vaixelas, deseños, debuxos e fotografías… procedentes do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Munich, do Museo de Arquitectura da Universidade Técnica de Darmstadt, da Universidade de Stuttgart, da Fundación Stankowski de Stuttgart, do Museo de Diseño de Gante e do Lore Kramer de Frankfurt.
Máis información en http://cultura.xunta.es/actualidade/nova.php?id=4046&lg=gal
