FENTO – Semana da moda sustentable.

O vindeiro venres 26 e sábado 27 de abril o colectivo FENTO celebra a #fashionrevolutionweek , na que colabora a escola, e onde se levarán a cabo diferentes actividades encamiñadas a dar visibilidade e divulgar a moda sustentable galega e reivindicar unha industria téxtil máis xusta e respectuosa co medio ambiente, a economía local e a sociedade.

Agardamos a vosa participación e agradecemos a vosa difusión.


PROGRAMA DO EVENTO

venres 26 de abril

-10:00 a 14:00 Xornada de portas abertas dos talleres de aquí FENTO na que poderás coñecer o traballo de artesáns e marcas que traballan preto de tí.

– 17:00 Cadea téxtil na rúa do Príncipe FENTO Únete ao flasmob co que atravesaremos a Rúa do Príncipe reivindicando unha industria máis xusta.

– 19:00 Presentación do manifesto de FENTO e mesa circular Queremos que coñezades o colectivo FENTO Moda Sustentable Galega e que formedes parte do cambio. Ademáis, falaremos do «pasado, presente e futuro da moda sustentable galega» cos protagonistas da mesa circular. Todo en Aula D

sábado 27 de abril

– A partir das 12:00 Sesión vermuda: ou o que se traduce nunha xornada festiva na praza da Ronda de Don Bosco. Con actividades como: intercambio de prendas, realización dunha prenda colectiva a partir a memoria textil, desfile, photocall e DJ.

Xustiza para Déborah

Déborah Fernández-Cervera era estudante de segundo de Gráfica Publicitaria en Aula D e estaba a piques de rematar os seus estudos. Un maldito día de 2002 desapareceu en Alcabre sen deixar rastro; ninguén podería dar pistas sobre o seu paradoiro. Varios días despois atopouse o seu cadáver a poucos metros da estrada en estranas circunstancias. A policía nunca atopou ao culpable e o caso pechouse ao cabo dos anos.

Agora, a familia quere aportar novos indicios para reabrir o caso https://www.facebook.com/search/top/?q=justicia%20paradeborah&epa=SEARCH_BOX.

A través de change.org tentan chegar a 300.000 sinaturas para enviar ao xulgado de primeira instancia de Tui. Tí tamén podes colaborar coa familia de Déborah. https://www.change.org/p/juzgado-de-primera-instancia-e-instrucci%C3%B3n-no2-de-tui-justiciaparadeborah

Cuna de Músicos

O xoves 13 de decembro ás 9.30h terá lugar nas instalacións de Aula D en r/Elduayen, 36 planta -1, o pase da película documental Cuna de Músicos que fai un repaso á música feita en Vigo nos últimos 40 anos.

Contaremos coa presencia dos realizadores, Pablo Vázquez e Denis Carballás, cos que teremos un pequeno coloquio.

https://www.facebook.com/cunademusicos/

Homenaxe a Carlos Oroza

Aula D súmase esta semana aos actos de homenaxe ao poeta Carlos Oroza na sede AFundación (r/Policarpo Sanz, 24 VIGO).

O xoves 8 de novembro ás 20.00h haberá unha mesa redonda sobre a figura do poeta.

O venres 9 de novembro ás 20.00h presentaráse o libro-disco Aute canta a Oroza da Editorial Elvira.

AUTE OROZA cartel

 

Conferencia de Juan Ares

O vindeiro venres 19 de outubro ás 20.15 h no auditorio de Aula D (r/ Elduayen, 36 -1) o interiorista e deseñador de mobles Juan Ares impartirá a conferencia que leva por título Produto da ría con un repaso á súa traxectoria profesional no estudio Espacio Invisible e na firma Juan Ares Marine Design.

Esta conferencia enmárcase no ciclo de charlas e debates adicados a deseñadores, arquitectos, artistas visuais e plásticos, etc… cheos de talento, que colaboran con Aula d.

RETROVIGO en Aula D

fb_evento

Los días 22 y 23 de septiembre a partir de las 10:30h tendrá lugar la II edición del evento de ocio electrónico de entrada libre RetroVigo, en las nuevas instalaciones de Aula D, en Elduayen 36 planta -1 (esquina Baixada ó Forte, 2) VIGO.

RetroVigo es un evento local orientado a la difusión y conservación del ocio electrónico retro que busca poner en valor la historia y orígenes de una industria que está en auge. Tras el éxito de la primera edición, la asociación cultural Retrogalaicos vuelve a las rías baixas para celebrar Retrovigo2018, esta vez con novedades. Aparte de la siempre fiel exposición general de consolas antiguas y microordenadores así como la zona de juego libre, que tanto éxito tuvieron en la primera edición, queremos incorporar en ésta y en futuras ediciones un tema concreto a desarrollar en charlas y torneos especiales.

El tema de esta II edición es el género de videojuegos: Beat´em up”, conocido también como “yo contra el barrio”, un género en el que destaca el combate cuerpo a cuerpo entre el jugador/héroe y un gran número de villanos. Para abordar este tema se han programado dos charlas con un pequeño debate al final de cada una de ellas y un torneo específico de Beat´em up.

  • BEAT´EM UP: Yo contra el barrio. Orígenes y títulos destacados. Día 22, a las 12:00, impartida por Jacobo y Galo Martínez, fundadores del Museo Barité (https://m.facebook.com/RetroGaliza/)
  • BEAT´ME DOWN: El puño de las compañías en la cara del jugador. El bochorno de algunos juegos. Día 22, a las 13:00, impartida por Andrés de Pedro, presidente de RetroGalaicos.
  • TORNEO ESPECIAL BEAT´EM UP, Street of Rage 2: El juego estará disponible para todo aquel que quiera probar su habilidad. Al final del evento el ganador/a será elegido por su puntuación más alta y recibirá su correspondiente premio.

Para los que quieran seguir disfrutando de los mamporros también se celebrarán otras competiciones amistosas que anunciaremos durante el evento. Seguirán apareciendo novedades y diferentes pistas en nuestras redes sociales.

Facebook: https://www.facebook.com/events/301289947091025/?ti=as

Twitter: https://twitter.com/RetroVigo?s=09

Instagram: @RetroVigo

Probas extraordinarias de acceso ós ciclos – setembro-

proba

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar  para o mes de setembro a celebración das probas específicas extraordinarias de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2018/19, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de inscrición: 7 de setembro
  • Proba específica: 11 de setembro

Aqueles interesados/as en cursar algún dos ciclos, e que precisen realizar proba de acceso, podedes comunicalo a través da nosa web, e poñerémonos en contacto para facer a inscrición e informarvos sobre o curso preparatorio (gratuito) que impartiremos a principios do mes de setembro.

logo

Visita á exposición «A Arte no Cómic»

20180521_134025-b

O alumnado de Gráfica Publicitaria asistiu onte á exposición A Arte no Cómic, aberta ata o 30 de xuño na Sede de Afundación, en Vigo, na que da man do seu comisario, o historiador Asier Mensuro, puidemos participar dun percorrido polas claves que vinculan estas dúas disciplinas, Arte e Banda Deseñada.
Cun total de 73 debuxantes e artistas a exposición mostra, entre outras, obras do Museo Louvre; do Museo Nacional del Prado, ou do Museo Thyssen-Bornemisza, con pezas inéditas que se poden ver por primeira vez neste proxecto e organizadas en tres bloques. No primeiro trátase a relación entre os grandes centros artísticos e o cómic; o segundo está adicado ós creadores galegos, como Miguelanxo Prado ou Jacobo Fernández Serrano, entre outros; e o terceiro e último centrado na inclusión dentro da viñeta das grandes obras da pintura universal.

Queremos dar as grazas á organización pola súa invitación, ó comisario Asier Mensuro pola súa implicación co grupo, e a asistente de sala (e querida exalumna) Claudia Silva por recibirnos tan amablemente.

Novas instalacións de Aula D

Sí, voltamos ao centro. Despois de vinte anos no local da rúa Ourense, Aula D estrea novas instalacións na rúa Elduayen, 36 (edificio Asefal). O cambio de local farase efectivo a finais de xullo para dar comezo con toda normalidade no novo curso 2018/2019.

O edificio Asefal, deseñado polos arquitectos Tomás P. Lorente e Francisco Yáñez, foi unha das primeiras construccións feitas con estrutura de aceiro na cidade de Vigo, alá polos anos sesenta. Despois das obras de conservación da fachada realizadas neste ano luce agora en todo o seu esplendor.

O local de Aula D sitúase nas plantas -1 e -2 con acceso directo dende as escaleiras da Baixada ao Forte. Asemade conta cun itinerario accesible dende a rúa Elduayen para persoas con mobilidade reducida.

No pasado mes de marzo comezaron as obras de acondicionamento do local consistentes na adaptación da distribución espacial ás novas necesidades do uso  como centro de ensino (anos atrás o local estaba ocupado polas oficinas do catastro de Vigo). Asemade, mudouse a antiga carpintería exterior por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e doble acristalamento. Foron renovadas todas as instalacións interiores (electricidade, fontanería, saneamento, ascensores…) para o total cumprimento da normativa vixente. Cabe destacar a instalación de ventilación, que conta cun sistema de recuperación de calor para garantir a eficiencia enerxética.

Xa en fase de acabados, as obras rematarán en poucas semanas. Sentimos as molestias que o traslado poidera ocasionar, pero paga a pena. A nova escola está chea de luz e con vistas á ría; en pleno casco vello e tan só a 100 metros da Porta do Sol.

Podes seguir o proceso en facebook e en instagram.

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 14 15 16
Volver arriba