CHARLA DE PEDRO ROMÁN E INAUGURACIÓN DO CURSO 2020/21

O 15 de setembro asistimos á conferencia de Pedro Román, con motivo da apertura do curso 2020/21. Ademáis de socio fundador foi profesor de deseño de proxectos, teoría do interiorismo, fundamentos da representación e a expresión, entre outras, en aula D durante máis de 35 anos. Tamén é pintor,  cantor de poetas é poeta cantor. 

Na súa charla, consistente nunha reflexión sintética sobre a importancia de ter unha actitude persoal correcta cara ao deseño, aludiu, apoiándose nas fontes, tanto do deseño, como da filosofía, arquitectura, poesía, etc… a Munari, Albino Prada Blanco, Zygmunt Bauman, Lao Tse, Konstantino Cavafis, Souto de Moura, Bruce Mau. Falounos sobre o espazo curvo e o tempo continuo e de como nos movemos no tempo a través dunha secuencia de espazos. Tamén de como o deseño cambiou nas últimas décadas, facendo fincapé nas verdadeiras necesidades da sociedade actual, el despilfarro de las naciones, a desaceleración ou a sostibilidade. 

Segundo el, falando da teoría da forma, as orgánicas son quen de seguir a lóxica da natureza e polo tanto axeitadas para a función que cumpren; a gaivota, o falcón e a aeronáutica comparten cualidades biomiméticas que nos permiten optimizar os seus deseños.

Divagamos con Pedro sobre a metodoloxía proxectual e o valor do deseño.

Deshaced ese verso. 

Quitadle los caireles de la rima, 

el metro, la cadencia

y hasta la idea misma. 

Aventad las palabras, 

y si después queda algo todavía, 

eso

será la poesía. 

Aventad las palabras, León Felipe.

Finalmente, a actriz e profesora Orisel Gaspar dedicou a Pedro, en nome de todos os seus compañeiros e alumnos, unha canción a capella como homenaxe á súa carreira na que se reflectiu o agarimo que todos lle temos. Pedro, que tu camino sea largo, no apresures nunca el viaje.

Na seguinte ligazón poderás ver o vídeo en directo que se emitiu desde @aula_d.

https://www.instagram.com/tv/CFJ2ATKiZNn/?utm_source=ig_web_copy_link

Actividades da Semana polo Clima

Cartel da concentración do vindeiro venres 27

Durante esta semana o planeta movilízase para denunciar a necesidade de actuar ante o cambio climático, cuxos efectos xa comenzan a ser plenamente visibles, afectando progresivamente ás condicións de vida dos ecosistemas así como tamén ao modo de vida dos pobos e culturas de todo o mundo.

Entre os actos que se levarán a cabo durante esta semana, organizados por diferentes asociacións e plataformas, queremos convidarvos a asistir ás Palestras polo cambio!, unha serie de 3 charlas que se celebrarán na escola o martes 23 entre as 19:00h e as 21:00h:

Alternativas ao capitalismo desde o rural, a cargo de Celtia Traviesas

Túnel no Casco Vello: peonalización mantendo a cultura do coche e dos ruídos, a cargo de Vigo histórico e a AAVV do casco vello

Situación do monte galego: ferramentas participativas para a conservación, a cargo de ADEGA Vigo.

Todas as actividades programadas en Vigo.

Máis que ver, cen historias do deseño na Galiza

O vindeiro martes 21 de maio, ás 19:30h o deseñador Pepe Barro presentará na escola, da man do Ateneo Atlántico e Xerais, o seu libro Máis que ver, cen historias do deseño na Galiza, unha recopilación de artigos onde profundiza sobre aspectos como a orixe e a evolución dos nosos símbolos identitarios (a bandeira de Galiza, o escudo) e reflexiona sobre outras referencias relevantes na nosa cultura visual dende a perspectiva do deseño e a comunicación.

«Sempre hai máis que ver se usamos os ollos e a cabeza ao tempo, se ollamos con toda a nosa bagaxe cultural. As pezas de deseño gráfico reflicten a cultura dun país, mesmo cando non damos lido as súas mensaxes, fáltannos as claves históricas, tantas veces negadas, ou o coñecemento da linguaxe visual, moi maltratado no ensino regrado. Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual, cen tixolos cos que axudar a levantar a historia da profesión na Galiza».

Entre os seus traballos máis relevantes nos seus corenta anos de exercicio profesional está o deseño do semanario A Nosa Terra, a identidade visual da Universidade da Coruña, os primeiros “cuponazos” da Once, a camiseta da Selección Galega de Fútbol, ou a icónica caixa de ovos do Pazo de Vilane, entre moitos outros.

Presentación do libro Máis que ver, cen historias do deseño na Galiza de Pepe Barro.

Martes 21 de maio, ás 19:30h
Aula D, escola de deseño
Rúa Elduayen 36, planta -1 (acceso por escaleiras laterais)

Entrada é libre ata completar aforo

FENTO – Semana da moda sustentable.

O vindeiro venres 26 e sábado 27 de abril o colectivo FENTO celebra a #fashionrevolutionweek , na que colabora a escola, e onde se levarán a cabo diferentes actividades encamiñadas a dar visibilidade e divulgar a moda sustentable galega e reivindicar unha industria téxtil máis xusta e respectuosa co medio ambiente, a economía local e a sociedade.

Agardamos a vosa participación e agradecemos a vosa difusión.


PROGRAMA DO EVENTO

venres 26 de abril

-10:00 a 14:00 Xornada de portas abertas dos talleres de aquí FENTO na que poderás coñecer o traballo de artesáns e marcas que traballan preto de tí.

– 17:00 Cadea téxtil na rúa do Príncipe FENTO Únete ao flasmob co que atravesaremos a Rúa do Príncipe reivindicando unha industria máis xusta.

– 19:00 Presentación do manifesto de FENTO e mesa circular Queremos que coñezades o colectivo FENTO Moda Sustentable Galega e que formedes parte do cambio. Ademáis, falaremos do «pasado, presente e futuro da moda sustentable galega» cos protagonistas da mesa circular. Todo en Aula D

sábado 27 de abril

– A partir das 12:00 Sesión vermuda: ou o que se traduce nunha xornada festiva na praza da Ronda de Don Bosco. Con actividades como: intercambio de prendas, realización dunha prenda colectiva a partir a memoria textil, desfile, photocall e DJ.

LA PRIMERA VEZ

v&ba

O martes 12 de marzo ás 11.00h terá lugar en Aula D a conferencia «La primera vez», impartida pola arquitecta Elena Gimeno e o deseñador gráfico Enrique Pereira, ambolosdous membros do estudio baionés V&Ba, que amosarán traballos da súa traxectoria profesional nos ámbitos da arquitectura e o deseño gráfico.

«joyas de autor» imparte unha conferencia en aula D

Mañá mércores 28 de febreiro terá lugar nas instalacións de Aula D unha conferencia a cargo de Alberto Montenegro, que xunto con Isabel Giménez é integrante de “AI JOYAS DE AUTOR” . proxecto de longa traxectoria que arrinca a principio da década dos oitenta. A xornada é de portas abertas, polo que estades todos invitados.

cartel joyas de autor.

«As xoias de Alberto Montenegro e de Isabel Jiménez, – AI, Joyas de Autor -, realizadas partindo dunha ampla selección de materiais preciosos – prata, ouro, diamantes e pedras preciosas -, son o resultado dun proceso artesanal, cada vez máis difícil de preservar na joyería actual, que dá a todas as súas creacións un carácter exclusivo, -unhas veces único, outras limitado a series numeradas -, pero sempre cun valor de obra de arte incomparable, que chega ao virtuosismo nas súas creacións escultóricas.
Un reducto de calidade e prestixio, no que se atopan en perfecta harmonía, a máis difícil e esmerada tradición artesanal das pezas feitas a man, co deseño máis vanguardista e elegante dos nosos días».

Abrir publicación

Conferencia da directora de arte Marta Villar

O vindeiro luns 30 de outubro ás 12:00 horas, a directora de arte viguesa Marta Villar impartirá en AULA D unha conferencia, con entrada libre, na que fará unha viaxe pola súa traxectoria profesional como directora de arte, achegándonos ao mesmo tempo ao coñecemento da práctica profesional, tanto no cine como no teatro ou na televisión.

Marta Villar recibiu no ano 2017 o premio de honra Fernando Rey por decisión da Academia Galega do Audiovisual (AGA), no transcurso da gala dos Premios Mestre Mateo, polos moitos anos de traballo e a impecable traxectoria profesional como parte substancial do audiovisual galego.

O seu primeiro traballo no mundo do audiovisual foi no cine da man de Chano Piñeiro para quen, en 1986, fixo os decorados da curtametraxe Esperanza. Dous anos despois, ainda como integrante de ESTU 2, realizou o seu primeiro traballo para televisión, o decorado do programa Vivir Aquí, da TVG,  en 1994 os decorados da serie Pratos combinados.

Para TVG ten deseñado os platós de series como Rías Baixas, Fíos, Os Atlánticos, Avenida América ou A Casa de 1906 e de programas que están actualmente na grella da TVG como A Revista ou Zig Zag, asemade de diversos programas especiais das noites electorais. Tamén son creacións súas os decorados de TV movies como Entre Bateas ou Salgadura (polos que obtivo senllos premios Mestre Mateo), Pataghorobí ou Biblioteca da Iguana.

No ámbito do cine foi directora de arte de películas como Heroína, Agallas, Los muertos van deprisa, A Praia dos afogados ou, recentemente, Migas de Pan.

O seu traballo como deseñadora de interiores, foi tamén moi intenso, dende a segunda metade dos anos 80, como compoñente de ESTU 2, con obras tan decisivas como O Cerne da Deboura, O Malecón, Niu Port ou Pés Calzados, entre outras.

RetroVigo 2017

El próximo sábado 23 de septiembre se llevará a cabo en Aula D, escola de deseño RetroVigo 2017, un evento de entrada libre sobre consolas y ordenadores retro que constará de una exposición de máquinas poco corrientes, una zona recreativa para probar de forma libre con algunas de las consolas, una charla titulada «El control analógico a través de la historia. Orígenes y legado», a las 13:00 h. así como demostraciones y torneos.

El evento está organizado por Retrogalaicos, una asociación cultural sin ánimo de lucro de ámbito gallego fundada en el año 2016 por un grupo de coleccionistas y aficionados al ocio electrónico retro, de varias localidades gallegas, que tiene como objetivos:

  • Promover la conservación del ocio electrónico retro, para evitar que caigan en el olvido.
  • Desarrollar actividades que defiendan la conservación, restauración y uso de ordenadores y máquinas de videojuegos, con especial atención a las máquinas de los ´80 y ´90, que tienen la consideración de “informática retro”.
  • Organizar eventos públicos con el fin de dar a conocer las tecnologías de ocio retro a las nuevas generaciones, para que aprendan de dónde viene todo el ocio electrónico que disfrutan actualmente, y para hacer recordar a las personas que vivieron en su momento estas máquinas.
  • Enseñar mediante talleres y charlas cómo conservar y restaurar equipos retro, y la creación de nuevos contenidos en estas plataformas (programación, dibujo y música)

RetroVigo 2017 tendrá lugar el sábado 23 de septiembre en Aula D (Rúa Ourense 4, Vigo) a partir de las 11:00 de la mañana y hasta las 21:00 h.

Estampando o noso mundo

O próximo martes 2 de maio as 12:30 horas desenvolverase en Aula D unha charla informativa impartida pola Asociación DOA sobre o labor que ven a realizar dende o ano 1987 en favor da saúde mental das persoas. Ao tempo inaugurarase a exposición “Estampando o noso mundo”, mostra pictórica que amosa como a arte e a plasticidade fánse un camiño que conduce aos ollos do mundo ao través das dificultades.

A mostra xurde nun obradoiro de serigrafías de vivas cores e chamativas imaxes que pretende mostrar o potencial máis inesperado da xente, demostrando uns resultados máis que notables ao plasmar o seu mundo interior ao través da arte como método terapéutico.

Quizais o punto máis notable é o dato de que as obras foron realizadas sen intención ou coñecemento previo de que foran ser expostas, o que nos amosa unha colección de debuxos creados baixo a liberación de todo tipo de presión expositiva ou forzamento estético para o agrado xeral.

Estamos entón, ante o resultado dun desenvolvemento pura e absolutamente terapéutico en todos os seus aspectos, donde o que vemos é o canto de libertade dos creadores das obras e a superación das súas dificultades mediante as mesmas, feitas á súa maneira e baixo os seus prismas personais e íntimos (aficións, horóscopos, sentimentos…)

Estes traballos realizados por Eva María García, Alberto Lestón, Francisco Tomás González. Ana Beatriz, Jorge Lourido, Jesús Alvariño e Juan José Núñez corresponden a un taller impartido por Rebeca Cabaleiro como voluntaria pola facultade de Belas Artes, no Centro Doa, (Asociación de Ayuda al Enfermo Mental) durante o mes de Xuño do 2014 dentro do programa de voluntariado.

cartel doa 17

 

 

 

 

 

Navegación de entradas

1 2 3
Volver arriba