Abrir publicación

Johan Thörnqvist: o ilustrador de fotografías

http://www.youtube.com/watch?v=GYZP3EW9Ak0

Johan Thörnqvist é un ilustrador sueco cuxo traballo se basea na combinación de fotografías e ilustracións para xerar novas imaxes onde consegue que ámbolos dous campos fiquen completamente integrados. Xorde así unha especie de universo paralelo onde o autor consegue recrear cidades inexistentes, situacións cotiás levadas case ao extremo e paisaxes con perspectivas moi peculiares onde o propio espectador pode dar renda solta á súa imaxinación.

Para saber algo máis sobre o seu traballo, véxase:
http://www.snarlik.se/

vía | designlov

Laus 2012: premios internacionais do deseño gráfico e a comunicación visual

Un ano máis, a ADG-FAD (Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte ), convoca a 42ª edición dos premios internacionais do deseño gráfico e a comunicación visual.

O prazo de inscrición foi aberto o 9 de Xaneiro e ten como data límite ata o día 10 do próximo mes de febreiro para a presentación das obras. Aos premios (Bronce, Ouro, Prata e Gran Laus), que constitúen unha ferramenta de divulgación inestimable, poderán presentarse profesionais do sector así como estudantes, estes últimos en dúas categorías:

. Traballo libre (proxecto de deseño gráfico ou publicidade en calquera medio): Poderán participar os estudantes que no presente curso académico 2011-12 estean matriculados en materias de calquera curso.

. Proxecto final de estudos (deseño gráfico, audiovisual, web e medios dixitais): Só poderán
participar aqueles estudantes que remataron os seus estudos no curso académico 2010-11.

Os alumnos/as que estean interesados en presentar algún proxecto, deberán poñerse en contacto previamente coa escola para realizar a entrega dos traballos e obter un certificado de estudios. As bases poden ser consultadas e descargadas neste link.

Espazos comúns

A rede experimentou ao longo dos últimos cinco anos un cambio cuantitativo e cualitativo que nos permite, a día de hoxe mergullarnos nun mar de información cada vez máis profusa a través de diferentes medios; este cambio afecta inevitablemente á nosa forma de pensar, de actuar e de relacionarnos.
Conscientes de elo, dende a escola queremos expandir os límites da aula para xerar outros espazos comúns dende os que poder desenvolver dun xeito máis eficaz e diverso a nosa labor profesional.

Con estes criterios nace a idea de abrir este canal, a través do cal -e de forma complementaria aos contidos propios dos ciclos- tentaremos facernos eco de diferentes noticias, eventos, artigos, entrevistas, etc que poidan aportar coñecemento e novos puntos de vista sobre aqueles temas nos que traballamos directa o tanxencialmente no noso día a día. Queremos tamén que dende aquí sexa posible mostrar algúns dos bos traballos que os nosos alumnos e alumnas realizan ao longo da súa carreira académica, xa que habitualmente ditos proxectos non transcenden do ámbito da escola, e a súa posta en valor nos parece positiva á vez que necesaria.
De xeito paralelo, todos aqueles contidos publicados neste blog terán o seu reflexo nas contas de Facebook e Twitter da escola para facilitar o seu seguimento e difusión.

Por todo elo animámosvos a que, a partires de este intre, vos asomedes puntualmente por aquí para ler un pouco sobre aquelas cuestións que, pola nosa profesión, resultan sempre apaixonantes.

Navegación de entradas

1 2 3 13 14 15 16
Volver arriba