Os vindeiros días 10 e 11 de marzo terá lugar na Estación Marítima de Vigo a 2ª Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais, na que Aula D participará por segundo ano consecutivo co obxectivo de asesorar a aqueles visitantes que estean interesados polos estudos en deseño así como de informar aos orientadores doutros centros educativos.
A feira estará aberta en horario de 09:30 a 14:00h polas mañás e de 16:30 a 18:00 polas tardes.
Despois de catro anos e máis de 30 números editados en formato dixital a revista Croa Magazine, un proxecto sen ánimo de lucro volcado na difusión cultural e dos novos creadores, dirixido pola nosa exalumna Marta Villar, disponse a publicar un número especial de 64 páxinas en formato impreso. Para elo, xa está aberta a convocatoria para colaborar como mecenas na plataforma de crowdfunding verkami, a través da que é posible participar no financiamento obtendo un ou varios exemplares a un custo rebaixado máis outros obsequios adicionais, segundo a cantidade aportada.
O prazo para colaborar nesta iniciativa remata o 25 de marzo e a presentación e entrega dos exemplares realizarase a partires do 15 de abril.
O xoves 18 de febreiro o alumnado de 2º de Deseño de Interiores realizou o tradicional percorrido que a Escola ven facendo cada ano ao Barrio Histórico da cidade. Esta vez o percorrido tivo lugar fundamentalmente polos barrios de extramuros, baixando dende o Castelo de San Sebastián ao Paseo de Alfonso para descubrir o Casco Vello e a panorámica da cidade dende a terraza do Asefal. Logo visitamos os Barrios do Cura e Santa Marta, para baixar dende a Igrexa de San Francisco ata a Ribeira. Xa de volta polas rúas San Francisco, a Barroca e Poboadores para adentrármonos nas prazas do Peñasco e Pescadores e decatármonos da súa inmediata relación coa Ribera. Finalmente descubrimos algunhas trazas de continuidade do quefoi o barrio antes de abrirse á rúa Elduayen e dividilo en barrio Alto e barrio Baixo.
O alumnado de Deseño Gráfico de Aula D visitou o xoves 26 de novembro o Museo Anfaco. A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos está adicada a dar soporte técnico, formativo e divulgativo ás empresas do sector conserveiro, e ten as súas instalacións no Campus Universitario de Vigo. A industria conserveira estivo ligada á evolución e o desenvolvemento da cidade de Vigo dende a súa orixe, tanto no ámbito económico como no social e cultural.
O Museo fai un percorrido polos inicios e a consolidación do sector das conservas de peixes e mariscos a través de obxectos tales como documentos, maquinaria, fotografías, … e interesantísimas mostras de pedras litográficas, latas, estuchados, ilustracións e distintos soportes publicitarios. Tamén podemos descubrir unha pequena parte da obra do vigués Federico Ribas, un dos máis grandes ilustradores da primeira metade do século XX.
A artista viguesa Ana Termes Lis é Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Sevilla. As súas pinturas viaxan a lugares como Sevilla, Cádiz, Santiago de Compostela, Ourense, Córdoba, Portugal ou Dublín.
Compaxina a súa actividade artística coa docencia. A pintora galega presenta as súas obras o venres 6 de novembro ás 20.30h na Escola de Deseño Aula D (rúa Ourense, 4 – VIGO) onde permanecerán ata o día 4 de decembro, o horario da sala é polas mañás de 10:00h até as 14:00h e polas tardes de 16:30 até as 21:00H.
A exposición conta cunha serie de pinturas e debuxos realizados en diferentes formatos e técnicas (óleo, acrílico, acuarela, lapis, …) todas elas rodeadas por un inquedante e misterioso «déjà vu».
Convocado o xurado do concurso da III Bolsa de Estudos en Deseño, este decidiu outorgar un único primeiro premio a María Teresa Fernández Vázquez polo seu traballo Deseño Nutritivo, así como dous accésit a Ana Valcarcel Portela e María Raquel Vilas Alonso polas súas respectivas propostas.
Parabéns ás premiadas e a tódolos/as participantes!
Buscamos alumnos e alumnas para os que a creatividade sexa algo estimulante, refrescante, e por iso queremos que nos sorprendas, que nos amoses a túa capacidade de ver o mundo cunha perspectiva diferente.
Só hai duas normas: deberás utilizar un folio de papel e a cor laranxa como elementos relevantes na túa proposta. As posibilidades son infinitas: tomar unha fotografía, construir un obxecto, un espazo, facer unha ilustración, unha instalación, gravar un vídeo… ti decides. O importante é que a túa idea sexa orixinal, fuxindo dos tópicos e aportando algo novo, ben polo concepto, pola formalización ou por ámbalas dúas cousas.
A luz, os materiais, a cor, o volume, os usos, as persoas, os lugares, o significado… pensa nestas e outras cousas para cambialas, darlles a volta, ou traballar con elas. Tes liberdade para utilizar calquera técnica, material ou elemento, que pola súa forma, concepto ou contexto, aporte significado á túa idea.
Aula D convoca a 3ª edición da Bolsa de Estudos en Deseño.
A través dun concurso de creatividade, aberto a persoas maiores de 17 anos, concederanse dúas bolsas de estudos coas que os gañadores/as poderán cursar sen custo o primeiro ano un dos Ciclos Formativos de Grao Superior impartidos na escola (Gráfica Publicitaria ou Deseño de Interiores).
O vindeiro mércores 29 de abril ás 12:00h, Aula D, escola de deseño será o escenario onde o desenvolvedor de contornos 3D César Porto Vence presentará e fará unha demostración en directo das características e capacidades do dispositivo de realidade virtual Oculus Rift.
Os asistentes a esta presentación poderán probar e experimentar as gafas Oculus Rift DK2 cun escenario arquitectónico en Unreal 4.
OCULUS RIFT
Durante muchos años de intentos fallidos por proporcionar gafas de realidad virtual para el público en general, nos encontramos en un nuevo y prometedor resurgir; los avances tecnológicos de pantallas para dispositivos móviles y la capacidad de las nuevas tarjetas gráficas, móviles y tabletas, (con potencia suficiente para simular entornos 3D realistas y sensores que recogen los movimientos del usuario), hacen que la experiencia de inmersión sea cada vez más intensa.
Aplicaciones como Unreal engine 4 y Unity3D 5, ahora gratuitas, abren el campo a todo tipo de disciplinas para poder explorar esta nueva forma de inmersión. Sus tecnologías, que simulan las interacciones de la luz de forma realista, eventos físicos, condiciones climáticas, paisajes naturales, etc, permiten que el usuario sienta, en ámbitos como el de la arquitectura, una inmersión absoluta en el entorno, pudiendo interactuar y casi tocar elementos del escenario tridimensional.
Oculus Rift es un proyecto surgido de Kickstarter y, por tanto, financiado en sus inicios por la comunidad de usuarios; su éxito fue tal que en 2014 fue comprado por Facebook con el fin de impulsar el avance de la realidad virtual. Hoy, grandes compañias como Google, Sony, HTC o Samsung apoyan el desarrollo de estos dispositivos uniéndose a una carrera por posicionarse en el futuro, cada vez más cercano, de la realidad virtual.
Este venres 13 e o sábado 14 Aula D participará na 1º Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas que se levará a cabo na Estación Marítima de Vigo. Será un encontro onde os diferentes centros da cidade poderán darse a coñecer e amosar aos visitantes o labor que desempeñan na formación de profesionais do deseño, da danza, da interpretación ou da música, entre outros.
O horario será continuado, entre as 10:00h e as 20:00h durante o que, por suposto, invitámosvos a todos a visitar o noso stand, compartir conosco as vosas impresións e mesmo pasar un rato agradable nun evento cheo de creatividade.