Croa Magazine en papel

croa

Despois de catro anos e máis de 30 números editados en formato dixital a revista Croa Magazine, un proxecto sen ánimo de lucro volcado na difusión cultural e dos novos creadores, dirixido pola nosa exalumna Marta Villar, disponse a publicar un número especial de 64 páxinas en formato impreso. Para elo, xa está aberta a convocatoria para colaborar como mecenas na plataforma de crowdfunding verkami, a través da que é posible participar no financiamento obtendo un ou varios exemplares a un custo rebaixado máis outros obsequios adicionais, segundo a cantidade aportada.

O prazo para colaborar nesta iniciativa remata o 25 de marzo e a presentación e entrega dos exemplares realizarase a partires do 15 de abril.

Celebración do 2º aniversario da revista CROA

O vindeiro venres 25 de abril terá lugar na escola (rúa Ourense, 4) a celebración do 2º aniversario da revista de divulgación cultural CROA MAGAZINE.

O evento comezará ás 19.00 horas cunha rolda de charlas-coloquio co tema “CREATIVIDADE vs PRODUCTIVIDADE” contando para elo coa voz e a experiencia de:

– MARCOS DOPICO. Profesor de deseño e presidente da DAG (Deseñadores Asociados Galegos)

– RAFA CAMESELLE. Deseñador de moda cuxa colección vimos na última edición da Pasarela Cibeles.

– JANITE. Reporteiro cultural, Fotógrafo omnipresente en Vigo.

 

Tras escoitar as experiencias e dialogar con estes tres profesionais seguiremos con:

– EXPOSICIÓN DE PORTADAS. Poderemos ver as 46 propostas do Concurso de portadas II aniversario que organizamos entre Febreiro e Marzo para dar portada a CROA23. 45 de estas 46 obras se manterán en segredo hasta este día!

– PROXECCIÓN 2 ANOS DE CROA. Todos e cada un dos creativos que tiveron oco nas nosas páxinas ó longo destes dous anos estarán presentes no noso evento.

– CROA ENTRE LIÑAS. Popurrí de obxetos representativos que teñen formado parte da historia de CROA. O noso álbum de lembranzas máis personal.

– p::a. O deseñador e ilustrador Pobreartista decántase pola música, e baixo o pseudónimo p::a  amenizará a velada cunha estupenda selección. DJ & música ambiente.

E… como non podía faltar…

¡BEBIDA E PISCOLABIS!
Esperámosvos !!

Aula D, escola de deseño

ENRIQUE GIL – DESEÑO E TECNOLOXÍA

O martes 19 de novembro temos  cita en AULA D co arquitecto ENRIQUE GIL que impartirá unha conferencia baixo o  título DESEÑO E TECNOLOXÍA, na que amosará a súa obra e explicará as relacións entre está e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías dixitais.

A metanarrativa visual de Diego Mallo

Recentemente ven de publicarse na prestixiosa revista alemana Novum o traballo do deseñador e ilustrador Diego Mallo Ferrer (Vigo, 1974). O seu traballo, desenvolvido fundamentalmente dende a imaxe fotográfica e a ilustración nútrese de referentes vencellados ao surrealismo (Josep Renau, John Heartfield) ainda que articulando unha narrativa visual máis contemporánea e próxima a autores como Daniel Gil ou Isidro Ferrer cos cales comparte, por certo, a creación de portadas para libros.

Formado en Belas Artes na Universidade de Barcelona (e actualmente vivindo entre esta cidade e Londres), os seus traballos reflicten unha importante pegada procesual, froito da constante labor de experimentación presente ao longo de todo o seu percorrido vital e profesional no que tivo a ocasión de profundizar en disciplinas tan diversas coma o debuxo, a escultura, a serigrafía ou a animación, aspectos estes esenciais no resultado das súas propostas máis actuais.

As súas pezas gozan da capacidade de atrapar ao espectador no tanto que, dende unha -aparentemente- sinxela e nítida formalización, agochan unha histora sorprendente, aberta, reflexiva, sutil e -en moitos casos- trascendente, producto sempre da condición humana.

Abrir publicación

Croa magazine: unha nova revista online «destinada a ofrecer aos novos e non tan novos creadores unha oportunidade de amosar e publicitar as súas creacións»

O pasado mes de Abril deste ano 2012 naceu Croa, unha nova publicación dixital de carácter mensual que propón crear un espazo aberto á expresión da arte en xeral, abranguendo disciplinas como o deseño, a ilustración, a fotografía ou a música (entre moitos outros) dende un punto de vista que reflicta o panorama creativo actual, centrándose nas propostas máis novas.
Fronte a esta iniciativa, que partiu de Marta Villar, ex alumna de Aula D, reúnense diversos creadores (ou croadores, que é como se fan chamar neste caso) cuxa meta en común é dar a oportunidade de amosar o seu traballo así como decatarse das ofertas laborais recentes aos máis novos creadores e artistas galegos.
Para poder gozar da revista, seguir as súas publicacións máis recentes ou descargar algún dos seus dous números ata a data, poderedes acceder nos seguintes links:

·Web: www.croamagazine.com
·Facebook: http://www.facebook.com/croamagazine
·Twitter: https://twitter.com/#!/croamagazine
·Descargar versión imprimible: http://croamagazine.com/imprimeme.html

«Cociñando ao pé da letra»: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Castaño

Hai uns días asistimos á charla-coloquio onde Andrea Costas, fotógrafa e profesora da escola, falounos da xestación e produción do seu libro «Cociñando ao pé da letra». Xunto a ela estaba Iria Sobrino, tamén profesora de Aula D e arquitecta no estudo noncommon de Vigo, que realizou o deseño e a maquetación do mesmo.
Seguir leyendo ««Cociñando ao pé da letra»: entrevistamos a Andrea Costas sobre o seu libro con Yolanda Castaño»

Volver arriba