A trip to the past present: : proxecto persoal de fotografía por Sandra Tomé Argibay

A trip to the past present: : proxecto persoal de fotografía por Sandra Tomé Argibay

A trip to the past present é unha serie de fotografías presentadas en formato libro onde Sandra Tomé Argibay, alumna de último curso de Gráfica publicitaria en Aula D, pretende contar pequenos retallos de situacións cotiás e, na súa maioría, nocturnas, a través de retratos de personaxes que se encontran ao seu arredor.
A continuación, exponse un pequeno texto que acompaña a obra e no que se explica un pouco máis a fondo parte deste proxecto pertencente á materia de fotografía.

Este proxecto intenta ser unha especie de ensaio fotográfico onde poder narrar con imaxes dunha estética moi concreta parte do mundo e o ambiente no que, por cuestións de traballo, me movo agora mesmo. Na serie pódense ver diferentes imaxes reflexo, en certo modo, de parte da miña intimidade e onde intento construír a miña memoria «a través do presente e do pasado, de encontros e desencontros» como cita, nunha das súas obras, o fotógrafo Alberto García Álix.

Na miña faceta como dj conseguín poñerlle banda sonora a cada instante, así que pareceume moi interesante tratar de facelo ao revés, sendo as imaxes as que plasmen o recordo e transmitan certa musicalidade a quen as vexa. Tras uns 7 anos de bagaxe de sala en sala e tan só un par deles coas lentes, conseguín adquirir certos “privilexios” que me conceden o poder ver máis alá do que estamos afeitos, capturando así instantáneas (e non tan instantáneas) onde se pode observar a cara B dunha noite que ás veces remata cando  se erguen o resto…

As imaxes que se presentan a continuación, intentan reflectir todos eses recordos vividos entre bastidores nos últimos meses a cabalo entre Vigo e Madrid. Longas noites de música, diferentes personaxes e un punto en común: o rock´n´roll e a súa estética.

Para ver algunhas das imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629955608478/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba