Os días 11 e 12 iniciouse o ciclo decursos monográficos en aula D, para o ano 2013, co seminario de Introducción á Tipografía impartido por Diego Fernández, deseñador e profesor da escola. Levouse a cabo unha panorámica histórica da evolución da escritura e a tipografía nas súas diferentes etapas, así como unha aproximación á morfoloxía dos caracteres (estructura, as súas partes, variacións e estilos, etc).
Polo debate e as preguntas fíxose patente que entre os e as participantes había gañas de profundizar un pouco máis e tocar temas que, pola brevidade do curso, quedaron fora de tempo ou en segundo plano.
Agardamos que en vindeiros cursos e obradoiros sobre tipografía poidamos adentrarnos xa en cuestións próximas á práctica profesional e desenvolver ámbitos máis concretos desta apaixonante disciplina do deseño.
Animography é unha tenda online que dispón dun amplo e variado catálogo de tipografías animadas enfocadas, principalmente, para creativos do mundo audiovisual.
Toda a mostraxe presentada ata o momento levouse a cabo con Adobe After Effects, ofertando así diferentes e orixinais tipos de letra doadamente customizables e escalables sen que exista perda algunha da calidade.
26plus-zeichen é unha web que foi creada por dous estudantes de Würzburg (Alemaña) para mostrar, asesorar e compartir os diversos proxectos tipográficos (a maioría inacabados) estudantís de todo o mundo. É unha páxina na que se pode comentar, subir e descargar de xeito gratuíto a maioría de fontes que nela se amosan.
A Tipografía é unha das disciplinas do deseño gráfico que ten unha maior importancia, tanto pola necesidade de comunicar axeitadamente unha mensaxe mediante texto como por seres capaz de potenciar e reforzar a expresividade e o carácter dun proxecto. Deste xeito, o coñecemento e manexo da tipografía é fundamental no labor profesional do deseñador posto que a palabra escrita está presente prácticamente en todos os traballos relacionados co eido publicitario, editorial e, por suposto, do deseño gráfico.
O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado de coñecementos básicos acerca da tipografía, tanto no referido á súa evolución histórica como aos aspectos formais e técnicos derivados do seu uso no ámbito profesional ou persoal.
Metodoloxía
A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento teórico dos temas, con algún exercicio práctico de carácter puntual.
Non se precisa que o alumnado traia ningún material ao curso.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que estean interesadas no deseño gráfico e a tipografía que desexen adquirir coñecementos básicos sobre a materia.
Profesor
Diego Fernández Pérez. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e imparte clases de Tipografía e Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria en Aula D, Escola de Deseño.
Horario
Venres 18 de xaneiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 19 de xaneiro de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 50€
Alumnado de Aula D : 25€
Ex-alumnos de Aula D : 38€
A aboar antes do martes 15 de xaneiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com
Typogami é unha tipografía animada creada polo estudio holandés Calango e realizada co programa After Effects. Esta tipografía, inspirada na arte xaponesa do origami e que permite realizar diferentes variacións das cores, ángulos de pregadura, luces, sombras e un longo etcétera, pódese descargar de forma gratuíta na súa versión estática na páxina de facebook de Calango.
Esta versión consta dunha fonte con tres estilos que poden ser amoreados uns enriba doutros para formar o tipo de letra completa, así como un arquivo de Adobe Illustrator con todos os símbolos e caracteres nun lenzo. Pola contra, a versión animada, require Adobe After Effects CS3 ou superior e a descarga tamén inclúe un screencast co manual de usuario.
A Fundación Barrié de la Maza acollerá nas súas instalacións de Vigo, entre o día 1 de decembro deste ano e o 1 de abril de 2012, “Type in Motion”, unha exposición comisariada por Andrés Janser que mostrará as últimas tendencias en tipografía animada aplicada aos campos do deseño, a publicidade, o cine ou incluso aos aspectos máis cotiáns da nosa vida. Será posible ver casi 120 obras de máis de 80 diseñadores que foron cedidas directamente polo Museo del Diseño de Zúrich para esta exposición:
una selección de vídeos musicales, películas publicitarias, cortometrajes, trailers, tablones de anuncios electrónicos y fachadas mediales, postales digitales y logotipos de todo el planeta que nos introducen en un mundo de texto en movimiento, y descubren las tendencias más destacadas en este ámbito
Por outra parte, e en paralelo á exposición, se levarán a cabo actividades didácticas para os máis pequenos así como workshops para profesionais.