A trip to the past present: : proxecto persoal de fotografía por Sandra Tomé Argibay

http://www.flickr.com/photos/adblog/7296488048/in/photostream

A trip to the past present é unha serie de fotografías presentadas en formato libro onde Sandra Tomé Argibay, alumna de último curso de Gráfica publicitaria en Aula D, pretende contar pequenos retallos de situacións cotiás e, na súa maioría, nocturnas, a través de retratos de personaxes que se encontran ao seu arredor. Seguir leyendo «A trip to the past present: : proxecto persoal de fotografía por Sandra Tomé Argibay»

La nueva niña: proxecto conxunto de Yaiza Cruce Carballido, Lorena Méndez Pousa e Beatriz Macías Rodríguez

La nueva niña é outro dos proxectos realizados no primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en Aula D. Trátase dun posto na feira de exposicións «Navalia 2012» para unha pequena empresa galega chamada La nueva niña que se dedica á realización e restauración de pequenas embarcacións tradicionais galegas como dornas e gamelas. A continuación, exponse a memoria xustificativa deste así como as imaxes da maqueta realizada por Yaiza Cruces Carballido, Lorena Méndez Pousa e Beatriz Macías Rodríguez. Seguir leyendo «La nueva niña: proxecto conxunto de Yaiza Cruce Carballido, Lorena Méndez Pousa e Beatriz Macías Rodríguez»

Autolesión : proxecto persoal de fotografía por Tomé Sieira Fernández

http://www.flickr.com/photos/adblog/7287647472/in/photostream

Autolesión é un proxecto expositivo de Tomé Sieira Fernández, que actualmente encontrase cursando o último ano de Gráfica Publicitaria en Aula D e que ten por obxecto sensibilizar o espectador mediante unha serie de 13 fotografías sobre as consecuencias orixinadas polas autolesións.
A continuación, preséntase a filosofía do seu proxecto, onde o autor trata de mostrar o acto de facerse dano a un mesmo como unha especie de vía de escape que non posúe ningunha solución e, do mesmo xeito, como algo moito máis cotián do que moitos estaredes a pensar…
Seguir leyendo «Autolesión : proxecto persoal de fotografía por Tomé Sieira Fernández»

Pesadillas : proxecto persoal de fotografía por Xulia Veiga Pérez

http://www.flickr.com/photos/adblog/7286575626/in/photostream

Coa serie Pesadillas, Xulia Veiga Pérez, alumna de fotografía de último curso de Gráfica Publicitaria, propón un percorrido visual polo ámbito dos sonos, onde reconstrúe diferentes esceas que formaron parte das súas fantasías ata a data.
No seguinte texto que acompaña a obra, a autora explica cal foi o motivo principal que a levou a decantarse por esta materia así como a elección e o tratamento das diferentes imaxes.
Seguir leyendo «Pesadillas : proxecto persoal de fotografía por Xulia Veiga Pérez»

Muelles : proxecto persoal de fotografía por Daniel Chapela Cordeiro

http://www.flickr.com/photos/adblog/7285213082/in/photostream

Baixo o título Muelles, Daniel Chapela Cordeiro, alumno de fotografía do último curso de Gráfica Publicitaria, recolle imaxes representativas dos diferentes peiraos nos que pasou parte da súa infancia e que hoxe en día están abocados a desaparecer.
No breve texto que se expón a continuación, o autor trata de explicarmonos un pouco máis sobre a súa serie, que, neste caso, consta de 17 imaxes.

Seguir leyendo «Muelles : proxecto persoal de fotografía por Daniel Chapela Cordeiro»

Huellas: proxecto persoal de fotografía por Sandra González Villanueva

Huellas: proxecto persoal de fotografía por Sandra González Villanueva
A última das seccións da exposición fotográfica do alumnado de último curso do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria é a parte de «proxectos persoais». Nela, áchanse diferentes traballos de final de curso nos que se propoñía realizar unha serie de entre 15 e 20 fotografías con liberdade total na súa temática, formulación e estética.
Seguir leyendo «Huellas: proxecto persoal de fotografía por Sandra González Villanueva»

Exposición colectiva de fotografía do alumnado de segundo curso do ciclo de Gráfica Publicitaria: poesía visual

http://www.flickr.com/photos/adblog/7250711796/in/photostream

Outra das seccións que ocupa a exposición de traballos fotográficos do alumnado do módulo de Fotografía, do último curso do ciclo de Gráfica Publicitaria, é a dos poemas visuais.
Seguir leyendo «Exposición colectiva de fotografía do alumnado de segundo curso do ciclo de Gráfica Publicitaria: poesía visual»

Exposición colectiva de fotografía do alumnado de segundo curso do ciclo de Gráfica Publicitaria: o colaxe

Exposición colectiva de fotografía do alumnado de segundo curso do ciclo de Gráfica Publicitaria: o colaxe

Dende o pasado día 16 de Maio contamos coa exposición dalgúns dos traballos do módulo de fotografía do alumnado do segundo ano do ciclo de Gráfica Publicitaria. Esta mostra estará no espazo polivalente da escola e poderá visitarse no horario lectivo ata o Venres día 1 de Xuño.
Seguir leyendo «Exposición colectiva de fotografía do alumnado de segundo curso do ciclo de Gráfica Publicitaria: o colaxe»

Rehabilitación dunha casa rural da aldea de Casaio na provincia de Ourense por María Saavedra.

http://www.flickr.com/photos/adblog/7172576492/in/photostream

Rehabilitación en Casaio, como xa puidemos ler en entradas anteriores, é un proxecto de reforma dunha vella vivenda na provincia de Ourense. Neste caso é María Saavedra, alumna de segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte na escola, a autora do traballo que se expón a continuación.

Seguir leyendo «Rehabilitación dunha casa rural da aldea de Casaio na provincia de Ourense por María Saavedra.»

Inauguración da exposición de traballos do módulo de fotografía do alumnado do 2º ano do ciclo de Gráfica Publicitaria

A partires de mañán, día 16 de Maio, e ata a 1 de Xuño, contaremos coa exposición dos traballos do módulo de fotografía do alumnado de segundo ano do Ciclo de Gráfica Publicitaria.

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Data: 16 de maio
Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 15,00h.

de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.

Navegación de entradas

1 2 3 5 6 7 8 9 10
Volver arriba