Rehabilitación dunha casa rural da aldea de Casaio na provincia de Ourense por María Saavedra.

Rehabilitación dunha casa rural da aldea de Casaio na provincia de Ourense por María Saavedra

Rehabilitación en Casaio, como xa puidemos ler en entradas anteriores, é un proxecto de reforma dunha vella vivenda na provincia de Ourense. Neste caso é María Saavedra, alumna de segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte na escola, a autora do traballo que se expón a continuación.

:::PROXECTO:::
Dende un principio propúxose alterar o menos posible a construción, pero ao mesmo tempo tíñase moi claro que a edificación non ía propiciar os posibles usos que puidesen darse no seu interior, polo que este proxecto non foi formulado cunha visión única, se non con perspectiva de mellorar a edificación para os usos actuais e futuros.
A zonificación foi un dos elementos que máis marcou a distribución e modificación do edificio. Decidiuse aproveitar os dous accesos xa existes, para poder permitir aos traballadores un acceso e unha zona completamente privada. Desta forma formulábase a localización dos despachos nas dúas estanzas máis próximas ao acceso superior (que seria o privado) destinando o inferior para uso público xa que  se aproxima á edificación dende a súa parte inferior, así mesmo as estanzas da parte inferior estarían destinadas ao uso administrativo.

·EXTERIOR:
Os usuarios aproxímanse por un camiño de brita coa intención de guialos, pero sen alterar o ámbito. Ao final do camiño os visitantes encóntranse ante unha chapa de aceiro corten que lles informa sobre o acceso á oficina de rehabilitación e ao mesmo tempo oculta a visión do acceso privado.
Unha vez que  se introduce baixo a cuberta (pero sen acceder ao interior da edificación) encóntrase cun muíño convertido en merendeiro (tanto para o uso dos traballadores coma para o uso público) e un pequeno miradoiro con dous bancos que nos invita a sentarmonos e considerar o potente ámbito.
Outra vez no exterior, máis arriba do acceso privado encontramos un pequeno espazo, onde protexido polo carballo pódese sentares debaixo nun banco de madeira, reutilizando para iso unha das vigas en mal estado. A viga seccionada pola metade e atada por unhas tiras de aceiro forxado, forman un asento perfecto e moi resistente.
A fachada do edificio apenas foi alterada a excepción da colocación dunhas contras corredizas de aceiro corten que serven como sistema de escurecemento e de seguridade. O cerramento do corredor, é unha fachada trasventilada con rematado de tarima de madeira de castaño lasurado.

·INTERIOR, Planta terrea:
Unha vez xa no interior, encontrámonos coa recepción, esta aproveita o oco que se xera debaixo da escaleira. Xusto á man esquerda está situado o aseo. No estado inicial os espazos onde se encontran este e a recepción non estaban comunicados, pero asumiuse que a derruba do muro que os separaba permitiría que futuros usos encontren doadamente un lugar no seu interior. A porta que antes daba paso ao espazo onde se encontra o aseo convértese nunha ventá, proporcionando unha ventilación cómoda e rápida á estanza. Tamén na parte baixa encóntrase o arquivo coa pequena zona de lecer para traballadores. Toda a planta baixa, ten como pavimento o cemento pulido.

·INTERIOR, Primeiro andar:
Subindo as escaleiras, creadas a partires dunha chapa pregada de aceiro pulido,  ímos percorrendo unha serie de paneis de labra aglomerada onde se amósanse proxectos xa realizados. Unha vez no primeiro andar encontrámonos a sala de exposicións, serve como distribuidor e de sres preciso como sala de espera. Nesta sala encontramos dous lucernarios que teñen un sistema de escurecemento que se acciona mediante poleas.
A man dereita encóntrase a sala de reunións, de fronte tralo tabique rematado de listóns de madeira, un dos despachos e á man esquerda o outro.
A sala de reunións está pensada tamén para presentacións. Para iso dispóñense dous mobles, un debaixo da pantalla de proxecións e outro ao fondo, facilitando que se poida falar dende ámbalas  dúas situacións. A mesa oriéntase directamente cara á ventá e cara ás vistas.
No despacho da esquerda, encontramos un longo estante que envolve a estanza para uso comunitario de tódolos traballadores. Xunto ao estante encóntranse os tres postos de traballo, e  unha ventá panorámica.
O despacho número un, é o único que se prevé para recibir usuarios de forma regular. Para optimizar o espazo dispúxose dunha moblaxe móbible; así cando non se reciban usuarios  poderase ampliar o ámbito de traballo. Estes dous despachos encóntranse comunicados co exterior, permitindo como se dixo anteriormente, un espazo completamente independente para os traballadores.

Para ver tódalas imaxes así coma os planos e paneis, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629669533990/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba