http://www.flickr.com/photos/adblog/7285213082/in/photostream
Baixo o título Muelles, Daniel Chapela Cordeiro, alumno de fotografía do último curso de Gráfica Publicitaria, recolle imaxes representativas dos diferentes peiraos nos que pasou parte da súa infancia e que hoxe en día están abocados a desaparecer.
No breve texto que se expón a continuación, o autor trata de explicarmonos un pouco máis sobre a súa serie, que, neste caso, consta de 17 imaxes.
¿Que acontece cando sabemos que algo vai desaparecer? ¿Cando entra nunha etapa de decadencia e decatámonos de que é irremediable a volta atrás, quedando como un recordo, unha sombra do que foi?
Nese momento, cando te decatas de que está a rematar comezas a ver cara a atrás, a recompilar eses recordos prezados, collendo forzas para o adeus definitivo.
Algo parecido é o que me acontece cos peiraos, a desaparición destes, é cada vez é máis acusada, moitos deles por falta de uso, outros porque quedarán incluídos dentro doutros moito maiores e con usos totalmente distintos.
Dende a miña infancia pasei días e días, pescando, xogando ou simplemente tomando o sol e charlando nun destes peiraos. Ao ver que cada vez desaparecen e faise máis difícil encontralos doume conta das sensacións que me transmitían e aínda hoxe en día me seguen transmitindo. Cando estás nun destes sentes unha sensación de calma, sosego, plenitude e admiración.
Recordo os días no peirao, o sol, a brisa e o mar, aquel arrecendo a mar que o enchía todo, días de felicidade. Os días de tormenta amplificabanse vendo o mar picado, as ondas chocando contra as rochas, as nubes negras, creando un ambiente sublime que me deixaba impresionado. O adeus é inevitable pero sempre quedaranme os meus recordos, as miñas imaxes que agora comparto, imaxes que mostran algúns dos poucos peiraos que quedan e aqueles tesouros que nos podemos encontrar neles, esas arandelas de amarre, as cordas, as redes que co paso do tempo avellentan xunto ao seu dono, o peirao. Un envellecemento que o leve talvez ao seu final pero que parece embelecelo cada día que pasa.
Será un adeus, pero non de todo real, pois sempre estarán na miña memoria.
Para ver o resto das imáxenes do proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629930613522/

