A última das seccións da exposición fotográfica do alumnado de último curso do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria é a parte de «proxectos persoais». Nela, áchanse diferentes traballos de final de curso nos que se propoñía realizar unha serie de entre 15 e 20 fotografías con liberdade total na súa temática, formulación e estética.
O proxecto que se mostra a continuación pertence á alumna Sandra González Villanueva, que, baixo o título «Huellas», realizou unha serie de 22 fotografías que complementa co seguinte texto explicativo:
As ruínas que deixa o home ao longo da súa experiencia vital son o resultado das súas accións e actividades que se encadran dentro dunha cultura, modo de vida e un contexto histórico determinado. Polo tanto son pegadas, testemuño do que alí sucedeu e viveuse; son memoria histórica, retallos de tempo conxelados.
Este traballo non mostra tanto a ruína polo seu pracer estético, que tamén o ten, senón polo seu valor social e antropolóxico. A través dela relátase uns costumes, condicións de vida e tradicións (neste caso do rural galego, exemplificadas nos restos das vivendas de 3 habitantesde Amiudal, xa finados) que estanse a perder.
O feito de fotografar estas ruínas da miña aldea supuxo para min unha forma de poñelas en valor (levan décadas á intemperie sen que ninguén se interese por elas), de rescatalas, de facer algo para que non caian no esquecemento, de intentar dalas a coñecer, de que o mundo «detéñase» un momento e fíxese nelas; de ver o honestos que eran eses modos de vida a pesares da súa precariedade e humildade; de ver como a xente era capaz de saír adiante con tan poucos recursos (cousa hoxe en día impensable). Quero transmitir coa súa visión a mesma sensación de «tempo detido» que tiven eu ao estares alí e de provocar a mesma refl exión que eu tiven, sobre a velocidade do mundo no que vivimos que nos leva a non apreciar esas pequenas cousas. Non as valoramos, non as recuperamos e vivimos cada vez en un mundo máis individualista, consumista e insostible.