Dende o pasado día 16 de Maio contamos coa exposición dalgúns dos traballos do módulo de fotografía do alumnado do segundo ano do ciclo de Gráfica Publicitaria. Esta mostra estará no espazo polivalente da escola e poderá visitarse no horario lectivo ata o Venres día 1 de Xuño.
Unha das seccións desta está constituída por unha serie de tres colaxes por autor cuxas imaxes son o resultado dun proxecto no que se propoñía, partindo sempre das mesmas catro fotografías de base, xerar unha serie de tres fotomontaxes o máis dispares posibles uns doutros. A continuación, pódense ver algunhas das obras finais.
Para tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629833982850/

