
Nesta 9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato presentáronse 815 fotografías cun total de 350 participantes. Ao acto de entrega de premios, levado a cabo no Instituto de Monelos, na Coruña, asistiu o rector da Universidade da Coruña, Xose Luis Armesto, e o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.
Dende aulaD queremos dar os nosos parabéns á organización do concurso polo seu esforzo en pór en valor, promover e difundir ás novas promesas da creación fotográfica galega.
Tamén felicitamos a cinco dos nosos alumnos que resultaron galardonados na presente edición: Daniel Chapela, Mari Carmen Martínez, Andrés Aguiar e Uxía Benlloch, premiados con cadanseu accésit e, de xeito moi especial, a Sandra González Villanueva, que obtivo o 1º premio co seu traballo Simbiosis, sendo así o segundo ano consecutivo que unha das nosas alumnas acada este recoñecemento.
