Autolesión : proxecto persoal de fotografía por Tomé Sieira Fernández

http://www.flickr.com/photos/adblog/7287647472/in/photostream

Autolesión é un proxecto expositivo de Tomé Sieira Fernández, que actualmente encontrase cursando o último ano de Gráfica Publicitaria en Aula D e que ten por obxecto sensibilizar o espectador mediante unha serie de 13 fotografías sobre as consecuencias orixinadas polas autolesións.
A continuación, preséntase a filosofía do seu proxecto, onde o autor trata de mostrar o acto de facerse dano a un mesmo como unha especie de vía de escape que non posúe ningunha solución e, do mesmo xeito, como algo moito máis cotián do que moitos estaredes a pensar…

A autolesión é para a min unha forma de liberación de algo que existe dentro de min mesmo, o cal non sei que é.Parece ser insubstituíble por unha conduta , neses momentos a miña cabeza non pensa, os meus movementos son incontrolables.Inténtoo, intento non facelo, pero ten un poder e unha forza inigualable, ao que quero vencer.
AO QUE VENCEREI

Autolesionarse. Facerse dano físico, é un método de alivio do sufrimento psicolóxico dalgunhas persoas. Hai xente que non é capaz de soportar a dor psicolóxica. Este ás veces é máis duro de levar que o físico, polo que  dánase o corpo nun intento de controlar o dano emocional.
As sensacións que se teñen depende da persoa ou da situación. Pode xerar calma, espertar ou facerse sentir real unha persoa que pensa que non sinta nada na vida. A sensación de espertar ou de volver real o mundo de noso arredor está relacionada coa adrenalina.

Este proxecto persoal fai unha reflexión cara ao atractivo de utilizar unha saída alternativa. As situacións cotiás moitas veces dependendo do teu estado de ánimo xera unha gran repulsión.
As situacións que se presentan intentan mostrar un exemplo desa rabia contida e un momento de explosión emocional en que unha persoa normal opta por autolesionarse nun arrebato de ira.
Presentan estas accións dun xeito repulsivo e grimosa. Nestas accións formúlase a autolesión como unha vía non agradable que non soluciona nada. Se te tes que afeitar, aféitaste, por iso na foto o suxeito esta sen afeitar para formular que por moito que se autolesione non soluciona o problema ao que se enfronta.Son contextos e situacións que pretenden enviar unha mensaxe.

Para ver tódalas imaxes deste proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629936299742/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba