http://www.flickr.com/photos/adblog/7250711796/in/photostream
Outra das seccións que ocupa a exposición de traballos fotográficos do alumnado do módulo de Fotografía, do último curso do ciclo de Gráfica Publicitaria, é a dos poemas visuais.
As composicións exhibidas a continuación, son unha representativa mostra das imaxes propostas para este proxecto, no que, partindo dun tema concreto e libre, sumado a unha fase previa de planificación e investigación, xurdiron as diferentes series que compoñen esta parte da mostra.
A exposición, aberta ao público, estará no espazo polivalente de Aula D de Luns a Venres no horario lectivo. Entrada libre.
Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629851237664/

