Pesadillas : proxecto persoal de fotografía por Xulia Veiga Pérez

http://www.flickr.com/photos/adblog/7286575626/in/photostream

Coa serie Pesadillas, Xulia Veiga Pérez, alumna de fotografía de último curso de Gráfica Publicitaria, propón un percorrido visual polo ámbito dos sonos, onde reconstrúe diferentes esceas que formaron parte das súas fantasías ata a data.
No seguinte texto que acompaña a obra, a autora explica cal foi o motivo principal que a levou a decantarse por esta materia así como a elección e o tratamento das diferentes imaxes.

¿Por que pesadelos? Dende que se formulou o proxecto souben que non quería facer fotografías de momentos reais, que utilizaría a fotografía como medio para contar unha historia ficticia. Calquera dos temas que podería tratar facendo fotoxornalismo, fotos de paisaxes ou motivos que existen  poderíaos encontrar calquera ao saír á rúa se tivese a paciencia suficiente. Eu quería crear algo meu e que ninguén máis puidese facer. Así que decidín facer fotografías dos meus propios pesadelos.
A serie consta de catorce fotografías en branco e negro, catro en cor e dúas ampliadas a tamaño 20 x 30 cm. Decidín que as dúas series serían en branco e negro por dous motivos; o primeiro é que creo que para a temática dos pesadelos é máis axeitado. Para facer referencia ás películas de terror antigas e porque hai xente que soña en branco e negro. O segundo motivo é que durante o curso tódolos traballos que entreguei foron en cor, e quería aproveitar para cambiar un pouco e centrarme no revelado en branco e negro.


Para ver o resto das imáxenes do proxecto, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629933923284/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba