O alumnado de Deseño Gráfico de Aula D visitou o xoves 26 de novembro o Museo Anfaco. A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos está adicada a dar soporte técnico, formativo e divulgativo ás empresas do sector conserveiro, e ten as súas instalacións no Campus Universitario de Vigo. A industria conserveira estivo ligada á evolución e o desenvolvemento da cidade de Vigo dende a súa orixe, tanto no ámbito económico como no social e cultural.
O Museo fai un percorrido polos inicios e a consolidación do sector das conservas de peixes e mariscos a través de obxectos tales como documentos, maquinaria, fotografías, … e interesantísimas mostras de pedras litográficas, latas, estuchados, ilustracións e distintos soportes publicitarios. Tamén podemos descubrir unha pequena parte da obra do vigués Federico Ribas, un dos máis grandes ilustradores da primeira metade do século XX.

