• Twitter
  • Facebook
  • Instagram
  • Flickr
  • Vimeo
Aula D, escola de deseño
  • A ESCOLA
    • HISTORIA
    • EQUIPO DOCENTE
    • INSTALACIÓNS
    • EMPRESAS COLABORADORAS
    • BOLSA DE TRABALLO
    • EX-ALUMNADO
  • CICLOS FORMATIVOS
    • GRÁFICA PUBLICITARIA
    • DESEÑO DE INTERIORES
    • ACCESO
    • RESERVA DE PRAZA
    • MATRICULACIÓN
    • BOLSAS DE ESTUDOS
    • PRÁCTICAS EN EMPRESAS
    • HORARIOS
  • CURSOS
    • CALENDARIO DE CURSOS
    • CIDE
    • DESEÑO EDITORIAL
    • DESEÑO WEB
    • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
    • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
    • REFORMA DE VIVENDAS
    • CURSO-TALLER DE IMPRESIÓN 3D
    • PREPARACIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO
  • CONTACTO
  • BLOG
  • AULA VIRTUAL
  • Search
  • Menu

CURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

O CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos destas disciplinas.

Tanto a banda deseñada como o libro ilustrado, veñen experimentando unha importante presenza no ámbito editorial grazas aos novos autores que, nos últimos tempos, están a publicar os seus traballos, incluso máis alá das nosas fronteiras.

Así, estas disciplinas están presentes ao día de hoxe en multitude de medios comerciais, tanto impresos como en soporte dixital tal como libros, publicacións periódicas, catálogos, cd´s, etc

A este curso pode acceder calquera persoa maior de 16 anos que teña interese pola ilustración ou a banda deseñada e que desexe obter coñecementos fundamentais para o desenvolvemento dunha labor profesional. Do mesmo xeito, é especialmente interesante como complemento formativo para persoas que teñan pensado iniciar estudos afíns no ámbito do deseño, as belas artes, a arquitectura, etc.

Este curso está homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria obtendo á súa finalización 3 créditos ECTS.

teño que ter coñecementos previos?

Non é preciso dispoñer de coñecementos previos para realizar este curso. Nas primeiras clases abordaranse os contidos máis básicos e progresivamente iranse introducindo outros máis específicos para rematar cun nivel óptimo para todo o alumnado.

canto tempo dura?

O curso comezará o 20 de xaneiro de 2020 e desenvólvese ata o 25 de marzo, cunha duración total de 54 horas lectivas distribuidas en 6 horas semanais. O horario é de 18:00 h. a 21:00 h. os luns e os mércores.

que vou aprender?

No curso o alumnado, ademáis de obter coñecementos teóricos, prácticos e técnicos, aprenderán a abordar e resolver aquelas cuestións implícitas no proceso de desenvolvemento dun proxecto profesional de ilustración e banda deseñada.

hai exames?

Non. Impartiranse contidos teóricos que se verán reflectidos nos exercicios prácticos e workshops que se desenvolverán ao longo do curso.

que materias se imparten?

Durante o curso impartiranse cinco bloques de temáticos que permiten abordar os diferentes contidos programados:

Debuxo artístico e representación
Encaixe, forma e volume
Perspectiva: teoría e práctica
Anatomía (esqueleto, equilibrio, proporcións)
Expresividade corporal
Debuxo de rostros, expresividade facial
Personaxes e mascotas
Exercicios de creatividade e debuxo rápido
Estilos

Técnica, recursos e procedementos
Cor
Tipografía
Entintado
Materiais
Técnicas dixitais

Linguaxe visual
Viñetas
Encuadres e planos
Bocadillos e cadros
Signos (cinéticos, onomatopeias, etc)
Secuencia e transicións

Historia e guión
Personaxes
Diálogos
Story board
Guión, narratividade e textos

Proxecto persoal
Nestas clases os alumnos poderán desenvolver o seu propio proxecto persoal, a través de titorías personalizadas a cargo dos profesores.

Igualmente impartiranse diferentes seminarios monográficos con temas afíns e complementarios ás materias do curso.

quen impartirá as clases?

O profesorado estará formado por profesionais con longa experiencia, tanto na docencia como no ámbito profesional:

  • Almudena Aparicio – Ilustradora
  • Andrés Magán – Ilustrador
  • Alberto García – Ilustrador
  • Laura Martín – Directora Artística
  • Gerardo Pérez – Arquitecto
  • Diego Fernández – Deseñador
  • Pedro Román – Deseñador

emítese un título ao rematar?

Sí, unha vez rematado o curso o alumnado recibirá un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

hai reserva de prazas?

Xa que o número de prazas é limitado (15) as solicitudes atenderanse por orde de chegada dende o formulario de preinscrición ou a través do enderezo cursos@aulad.com.

cal é o prezo da matrícula no curso?

Xeral : 300 euros

Alumnado e exalumnado de Aula D, menores de 18 anos e persoas desempregadas : 250 euros

Existe a posibilidade de fraccionar o pagamento das taxas en dúas mensualidades.

A matrícula queda formalizada co abono do total da taxas ou da primeira mensualidade, ben na propia escola (r/ Elduayen 36, -1 – acceso por escaleiras en Baixada ó Forte –, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857) indicando nome do alumno/a e curso.

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.

  • CIDE
  • CURSO DE DESEÑO WEB
  • CURSO-TALLER DE IMPRESIÓN 3D
  • DESEÑO EDITORIAL
  • CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS
  • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
  • PREPARACIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO

CURSOS

  • CURSO DE DESEÑO WEB
  • DESEÑO EDITORIAL
  • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
  • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS

CICLOS FORMATIVOS

  • DESEÑO GRÁFICO
  • DESEÑO DE INTERIORES

TRÁMITES

  • ACCESO
  • MATRÍCULA
  • RESERVA DE PRAZA

CONTACTO

Aula D, escola de deseño

Rúa Elduayen 36 -1
(acceso por escaleiras laterais)
36202 Vigo

T. 986 213 627
info@aulad.com

Aula D, escola de deseño
  • TERMOS DE USO
Scroll to top

Este sitio web emprega cookies para facilitar unha mellor experiencia de usuario. Lembra que podes revisar os termos de uso e a política de privacidade

ACEPTAR E CONTINUAR.