Conferencia de Alfonso V. Cortizo. «O PROXECTO AUDIOVISUAL»

O próximo xoves 20 de novembro o integrante de A *SOMBRA PRODUCIÓNS  Alfonso V Cortizo, impartirá en Aula D (Rúa Ourense 4) unha conferencia na que amosará algúns dos traballos realizados no eido do videoclip, do documental e tamén  diversos formatos para a televisión ou publicidade, que son algúns dos terreos que transita a empresa audiovisual que comparte con Javier Álvarez.

O audiovisual é un sector en continua transformación, cheo de retos de futuro e en moitas ocasións, a medio camiño entre a creación artística e a industria creativa.

En ocasións, enfrontámosnos a unha realidade complexa nun sector que debera ser estratéxico, e polo tanto, cunha liña clara e constante de apoio institucional”.

Os avances e o abaratamento dos medios técnicos, achegaron aos novos e as novas creadoras á posibilidade de emprender a aventura en solitario, coas moitas dificultades que, como sabemos, implica o auto-emprego. As grandes empresas audiovisuais non están exentas de dificultades e retos.

 Sobrevivir no medio da constante treboada que azouta a cinema e a televisión, máis profundamente en Galicia, precisa dunha grande capacidade de adaptación combinada con importantes doses de enxeño.

Alfonso V. Cortizo leva traballando arredor de 15 anos en diferentes proxectos audiovisuais, moitos deles, a través da empresa que decidiu emprender, a*sombra producións. Actualmente, traballa no guión do que será o seu seguinte traballo, a longametraxe «Contrafaces».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba