The Plastic Garbage Project

O pasado martes 3 de febreiro un grupo de profesores e alumnos de Aula D asistimos, en visita guiada, á exposición PLASTIC GARBAGE PROJECT na Fundación Barrie.

O plástico é o material do que están formados boa parte dos obxectos que nos rodean e que utilizamos cada día, e co que convivimos xa dende principos do século pasado. Con tódalas súas innegables vantaxes o certo é que nos últimos tempos a súa proliferación, xunto cunha infeficiente xestión dos resíduos derivados deste, provoca unha importante repercusión no medio ambiente e, porén, nas nosas vidas.

Na exposición poidemos ver dende unha impactante montaña de residuos plásticos recuperados do mar e imaxes do seu impacto sobre as aves mariñas ata diferentes tipos de plástico, cos sus usos, tempo de vida útil dos distintos produtos (botellas e envases en xeral, cueiros, regadeiras, bastonciños para os oídos, celofáns para caixas de cartón, xoguetes, etc)

A Idade da Pedra, a Idade dos Metais e a Idade do Plástico. Porque de plástico serán en gran parte os restos arqueolóxicos do noso tempo. Tanto é así que, a través de diferentes animacións descubrimos, literalmente, continentes de desfeitos de plástico flotando nos océanos conformando o que se coñece como “sopa de plástico”; descompoñéndose e desfacéndose lentamente en anacos cada vez máis pequenos ata confundirse co plancton mariño e por tanto convertíndose nunha trampa para a fauna mariña e as aves.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba