Concurso Internacional Cosentino Design Challenge 2012


O Grupo Cosentino abriu o prazo de presentación de proxectos para a VI edición do Concurso Internacional Cosentino Design Challege2012 nas súas dúas categorías: arquitectura e deseño.
A finalidade do concurso é promover entre os estudantes a investigación sobre distintas formulacións conceptuais en torno á configuración de espazos, aos materiais e sistemas construtivos que os definen, a través da experimentación con produtos da empresa Cosentino partindo sempre do respecto ao medioambiente e da posibilidade de reutilizar materiais.
O certame, dirixido a estudantes matriculados no curso académico 2011/12 en todas as Escolas Superiores de Deseño ou Arquitectura de Interiores, propón deseñar un prato de ducha integrado nun baño deseñado dende unha formulación conceptual e empregando materiais Silestone ou Eco propios do grupo Cosentino (no apartado de deseño) e, por outra parte, o deseño ou rehabilitación do vestíbulo dun hotel a partir de pezas de gran formato e tamén da marca (no apartado de arquitectura).

:::Premios:::
Establécense, para cada unha das dúas categorías (CDC Arquitectura e CDC Deseño):
TRES PRIMEIROS PREMIOS, TRES ACCÉSITS e Mencións Especiais.

Cada un dos SEIS PRIMEIROS PREMIOS estará dotado con 1.000 €. A concesión de Mencións Especiais quedará a criterio do Xurado.

As categorías que se establecen nos primeiros premios son as seguintes:
. A investigación sobre a experiencia espacial do ámbito do prato de ducha.
. A creatividade nas propostas de deseño do elemento prato de ducha.
. A adecuación á idea do proxecto das capacidades expresivas dos materiais e produtos da marca Cosentino. Así como as novas propostas sobre materiais, acabados, aplicacións, etc. que puidesen xerarse.

Non é necesaria inscrición previa, e o período de recepción de proxectos finaliza ás 20,00 horas do día 1 de Xuño de 2012. As bases poden ser consultadas e descargadas neste link.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba