Cuarto de seu é un dos proxectos que se desenvolve no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , realizado por Miguel Cerqueiro. A continuación, exponse un breve resumo do mesmo acompañado dunha pequena galería de imaxes onde se pode comprobar todo o proceso de traballo, dende o plantexamento do problema ata a realización final.
:::PROCESO DE DESEÑO:::
· PROBLEMA:
O obxecto deste traballo é o de definir a organización espacial e os aspectos estético ambientáis, dun espazo dado, para a realización do traballo cuarto de seu.
· DEFINICION:
Será un cuarto individual, para un home na trintena, estudiante de deseño de interiores e que na actualidade compaxina os estudios co seu traballo de administrativo.
· ELEMENTOS DO PROBLEMA:
– Durmir
– Estar
– Traballar
· PROGRAMA DE NECESIDADES:
A intervención que se nos propón pretende acondicionar o interior deste espazo para crear un cuarto propio. Xerándose as distintas zonas nas que se poidan realizar diferentes actividades.
– Durmir: Unha cama individual, espazo para almacenaxe de roupa, mesas auxiliares, zonas de asento, pequeño almacenaxe, etc
– Estar: Zona de asento, mesas auxiliares, espazos para almacenaxe, estantería, espazo axeitado para albergar diferentes equipos audiovisuáis (amplificador, tocadiscos, mesa de mesturas, DVD, proxectos)…e espazo para almacenaxe de DVD’s, libros, vinilos, CD’s, revistas, etc.
– Traballar: Mesa de debuxo, mesa de traballo, almacenaxe material de debuxo, maquetas, espazo para equipos informáticos (ordenador de sobremesa, portátil, impresora, etc), librería, estantería, zona de asento.
· RECOPILACIÓN E ANÁLISE DE DATOS:
O espazo que se nos entrega está sito no concello de Vigo, nun edificio de vivenda colectiva. Está destinado para unha persona nova que precisa dun espazo dinámico e cómodo no que poder desenvolver tódalas actividades propias dun estudiante, para o que é fundamental cumprir co programa de necesidades, pois estas actividades, requiren duns espazos determinados.
· MEMORIA XUSTIFICATIVA DE INTENCIÓNS
Esta intervención pretende levar a cabo unha organización baseada no programa de necesidades e nos estudios previos realizados durante todo o proceso de deseño. No programa de necesidades márcanse as pautas a seguir durante todo o proceso, a partires da necesidade de crear tres espazos para diferentes usos (durmir, estar e traballar) analízanse tódalas circulaciónns posibles, as carácterísticas do espazo dado precisaban unha circulación clara e cómoda. Na organización dos espazos é importante o único punto de luz que existe, en base a iso proponse que a zona de estudio estea xunto á fonte luz natural, o estar na zona intermedia e o espazo para durmir na zona menos iluminada do cuarto.
As diferentes zonas, todas dentro dun mesmo espazo, aínda que nun principio están destinados para diferentes usos, buscouse que estiveran comunicados visualmente o máximo posible, para o que ademais de teres enconta a súa organización, tamén búscase que o mobiliario sexa flexible, utilízanse mobles modulares e lixeiros, sobre todo no estar. En canto ós aspectos estético-ambientais os piares deixanse descubertos, resaltando así os elementos estructuráis da edificación existente. As paredes en branco e o pavimento de faia natural xunto cun predominio de cores neutros na moblaxe buscan crear un espazo dinámico e armónico.
Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629584642999/

