A Tate Gallery de Londres foi a elixida para a presentación pública dos doce carteis oficiais (seis para os Xogos Olímpicos e outros seis para os Paralímpicos) dos XXOO de Londres 2012 que foron realizados polos artistas británicos máis afamados do momento.
Segundo a Organización (LOCOG) e o Comité de Expertos (entre o que se encontra Nicholas Serota, director da Tate Gallery) que fixeron a selección das obras, foron elixidos todos aqueles traballos que conseguiron representar o espírito olímpico á vez que o talento artístico do país onde se celebran, Reino Unido.
A través de internet ou nas tendas oficiais, xa se pode comprar algún dos carteis así como unha serie limitada de gravados das obras orixinais.
Londres 2012
Work NO.1273, Martin Creed, 2011. Formas xeométricas con cores que recordan aos chanzos do podio olímpico.
Swimming, Howard Hodgkin, 2011. Grosas brochadas en diferentes tonalidades de azul que teñen á natación como fonte de inspiración.
Superhuman Nude, Fiona Banner, 2011. Poema sobre os Dereitos Humanos.
Love, Bob y Roberta Smith, 2011. Lemas escritos en caligrafía colorista cos que o autor identifíca os Xogos Paralímpicos.
For The Unknown Runner, Chris Ofili, 2011. Cartel inspirado nos atletas pintados sobre as ánforas gregas.
Divers, Anthea Hamilton, 2011. Cartel que se inspira nos deportes acuáticos.
Capital, Gary Hume, 2011. Composición de círculos e follas nunha gama de cores verde e granate.
Birds 2012, Tracey Emin, 2011. Dous pequenos paxaros xunto cun lema no que se enxalzan os valores da inspiración e a determinación.
Big Ben 2012, Sarah Morris, 2011. Representación do coñecido reloxo do Parlamento Británico realizado mediante columnas de cores.