DOA: Exposición «Outras miradas 2»

Hoxe, 25 de setembro, teremos a primeira das mostras propostas para este novo ano lectivo 2012/2013. Nesta ocasión, a exposición consistirá en amosar os diferentes retratos realizados nos abradoiros da Asociación de Axuda ao enfermo Mental DOA (Vigo e Cangas) mediante a técnica da colaxe.

O retrato en si mesmo ten múltiples interpretacións, esto forma parte dunha traxectoria iniciada fai anos por varias asociacións de Vigo en colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra. O retrato e o colaxe ocupan a nosa fórmula de traballo como xa o fixo na nosa última exposición na Casa das Artes de Vigo :“Outras Miradas”.
En “Outras Miradas 2”, extraemos a obra correspondente á Asociación de Axuda ao enfermo Mental DOA (Vigo e Cangas) para amosalo e demostrar que a creatividade e a libre expresión artística aportan un nivel de calidade igual que o de calquera persoa, asemade coa particularidade dos beneficios terapéuticos que conleva para estes artistas o traballo e a creación.
Dicía Artaud que o máis pequeno acto de creación espontánea constitúe un mundo máis complexo e revelador que calquera sistema metafísico…..

ARTISTAS:
·Begoña Dacosta Alfaya
·Ana Kaifer
·Guillermo Rodal Molares
·Juan Ignacio Pereiro Abril
·José Malvido Marcos
·Alberto Lestón
·Francisco José Barreiro Graña
·Jose A. Rial (Patako)
·Jesús Martín Garcia Blanco
·MªJosé López
·Geli Perez

A mostra estará exposta ao público dende o 25 de Setembro ao 25 de Outubro co seguinte horario:

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 14,00h.

de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.

1 comentario sobre “DOA: Exposición «Outras miradas 2»

  1. Responder

    […] fío da exposición Outras miradas 2, e iniciando a xornada adicada á saúde mental, tivo lugar a charla-coloquio baixo o título […]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba