Coloquio e xuntanza co gallo da Semana da Saúde Mental-12

DOA: Exposición “Outras miradas 2″
Ó fío da exposición Outras miradas 2, e iniciando a xornada adicada á saúde mental, tivo lugar a charla-coloquio baixo o título Saúde mental e expresión artística, para rematar cunha xuntanza realizada o mesmo 3 de setembro, co gallo da celebración da Semana da saúde mental que se celabrará a vindeira semana.
Na conferencia, tivemos o pracer de contar coa colaboración de Marcos Mallo e Pilar Fernández, psicólogo e mestra de taller respectivamente da Asociación DOA. Nela, fíxose un pequeno repaso sobre que é unha enfermidade mental, así como os tipos máis comúns, causas, factores precipitantes, mitos e algúns comportamentos para saber como detectar e actuar diante unha enfermidade destas características.
Así mesmo, fíxose un pequeno repaso á historia da entidade, tratando de explicar as diferentes actividades e talleres que alí se imparten.

Pola súa banda, Piar Fernández, comentou a estreita relación entre arte e enfermidade mental, amosando como exemplo a artistas do taller de Van Gogh, facendo fincapé na necesidade de levar a cabo diversas tarefas artísticas (pintura, música, etc) como terapia, intentando motivar en todo momento ao enfermo para que este goce do proceso creativo ao completo:

A esquizofrenia pode anular ou motivar a produción artística. Todos podemos ser creadores se estamos motivados, pero non todos somos artistas.

A escasa hora que durou o coloquio, pechouse manifestando a intención de levar a cabo unha serie de exposicións nas que interactúen as obras de persoas con este tipo de patoloxías mesturadas con outras onde os seus creadores non as padezan.

ue

Saúde mental e expresión artística from aulaD on Vimeo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba