Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Fernando Pena


Coworking Galego, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estéticos dun espazo dado.

::: DEMANDA :::
O obxecto deste proxecto consiste na realización dun espazo de “coworking”, centros de traballo colaborativo, que permite a profesionáis independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores compartir un mesmo espazo de traballo. O local está na entreplanta dun edificio de vivendas na rúa Gran Vía de Vigo.

::: PROPOSTA :::

A sociedade de hoxe encóntrase en constante evolución, polo que as nosas costumes tratan de se adaptares as novas necesidades. No ámbito laboral a situación tamén está a mudar, polo que para a sociedade máis nova e emprendedora xorden outras formas de entender o traballo, compartindo coñecementos e novas formas de saír adiante. Proba disto é a aparición dos espazos “coworking”, que parten da idea de compartires un espazo físico de traballo entre varias persoas co fin de repartir gastos administrativos, de alugueiro, electricidade, teléfono, Internet, etc. e poder desenvolver a actividade fora da casa.

Partindo destas premisas, o proxecto céntrase no deseño dun espazo administrativo adicado á práctica do “coworking” cunha superficie de 100 m2, situado nun entresollado da rúa Gran Vía da cidade de Vigo, coa fachada orientada ao sur-oeste con grandes ventanais e outros ocos abertos a un patio de luces.

O deseño do local ten como obxectivo xerar un espazo de traballo agradable, cómodo e funcional, tentando fuxir dos cubículos das oficinas tradicionais.

O programa de necesidades inclúe: vestíbulo, aseo, pequeno almacén, arquivo, sala de reunións, sala de descanso e zona de traballo.

Esta última debe ser ampla e con suficiente luz natural, polo que se integra e péchase con vidro a terraza.

As zonas de descanso e de reunión proxéctanse lonxitudinalmente, separándoas mediante un tabique movible que polo xeral estará aberto, conseguindo así unha maior área de descanso. No momento no que se precise a sala de reunións, abaterase o tabique e pecharanse as portas.O resto do local organízase arredor do aseo adaptado e o almacén.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba