A Tipografía é unha das disciplinas do deseño gráfico que ten unha maior importancia, tanto pola necesidade de comunicar axeitadamente unha mensaxe mediante texto como por seres capaz de potenciar e reforzar a expresividade e o carácter dun proxecto. Deste xeito, o coñecemento e manexo da tipografía é fundamental no labor profesional do deseñador posto que a palabra escrita está presente prácticamente en todos os traballos relacionados co eido publicitario, editorial e, por suposto, do deseño gráfico.
O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado de coñecementos básicos acerca da tipografía, tanto no referido á súa evolución histórica como aos aspectos formais e técnicos derivados do seu uso no ámbito profesional ou persoal.
Metodoloxía
A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento teórico dos temas, con algún exercicio práctico de carácter puntual.
Non se precisa que o alumnado traia ningún material ao curso.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que estean interesadas no deseño gráfico e a tipografía que desexen adquirir coñecementos básicos sobre a materia.
Profesor
Diego Fernández Pérez. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e imparte clases de Tipografía e Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria en Aula D, Escola de Deseño.
Horario
Venres 18 de xaneiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 19 de xaneiro de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 50€
Alumnado de Aula D : 25€
Ex-alumnos de Aula D : 38€
A aboar antes do martes 15 de xaneiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com
[…] – Introducción ao deseño gráfico: Tipografía […]