# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola

Equilibrio / Imposible
Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.

Tendo isto  como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente.

Os materiais empregados para realizar a proposta foron reciclados (envases, cordas, teas, cartón, etc), asemade houbo elementos propios da natureza, tamén contouse cun pequeno orzamento para gastos de material necesario para a construcción das instalacións.

Foron case dúas semanas de traballo en equipo onde se tentaron desenvolver os seguintes conceptos: movento/salvaxe; desequilibrio/inquedante; xeometría/fráxil; equilibrio/imposible; leve/orgánico e expansión/ambigüo,  das que saíron as seguintes propostas:

AULA 1 (PROXECTOS)_MOVEMENTO / SALVAXE:

Movemento / Salvaxe

Este proxecto foi abordado dende un punto de vista conceptual seguindo o camiño dos happenings, onde o espctador pode interactuar coa obra.
A idea foi crear un espazo onde o principio básico era a prohibición de prohibir, facendo que o espectador  síntase libre e á vez reflexionares sobre os seus instintos salvaxes mediante un vídeo acompañado de audio con sons fortes e rítmicos que ían aumentando a súa intensidade .

Isis Rodríguez Cid
Yaiza M. Santomé Fervenza
Daniel Chapela Cordeiro
Uxia Benlloch Giao
Laura Vicente Carrera
Silvina Alfonsin Nande
Iria Lopez Adrio
Lorena Figueirido de la Concepción
Lorena Serrano Prego
Ariadna Fernández Blanco

ESPAZO POLIVALENTE_DESEQUILIBRIO / INQUEDANTE:
Desequilibrio / Inquedante

O espazo polivalente é un lugar principalmente de tránsito e  tamén de lecer. Trátase dun espazo relativamente amplo e ortogonal que une as aulas de Proxectos1 e Proxectos 2 coa entrada principal da escola.
Tendo todo isto en conta, tratouse de xerar un espazo que representase todo o contrario ao habitual e, polo tanto, que afectase directamente ao desiquilibrio a nivel psicolóxico difilcultando o tránsito cotiá e provocando con isto certa sensación de incomodidade e desconcerto.
Segundo comentan os autores da instalación: “Resumindo, é como se houbesemos metido este habitáculo nunha batidora”

Úrsula Cancelas Pequeño
Yaiza Cruces Carballido
Raquel Bernárdez Fernández-Novoa
Gael González Alonso
Mª José Miguez Iglesias
Carlota Novo Gonzalvo
Mª Teresa Garrido Velasco
Mariana Maglio Reyes
David Lorenzo Camaño
Laura Núñez Carpinteiro
Tomé Sieira Fernández

AULA 3_XEOMETRÍA / FRÁXIL:
Xeometría / Fráxil

Partindo da base de que os dous conceptos propostos podían teres en común o feito de seres vulnerables, polo que intentouse materializar ese concepto nun obxecto e nun espazo cuxa característica principal era a protección desa xeometría.
O elemento da instalación é un obxecto que só pode ser contemplado, o contacto humano corrompería e modificaría esa xeometría desexada. A luz tamén é un elemento importante no proxecto, pois inténtase a través da súa ausencia crear un espazo irreal, onde o espectador só pode acceder á obra a través dunha xaneliña de cristal.

Alexandra Amy Rom Iglesias
Carlos Alfaya Torrón
Manuel Moital Davila
Manuel Solla Rodríguez
Patricia Cerviño Pastoriza
Juan Edmundo Rodríguez Fernández
Ignacio Sebastián Vega Nieva
Cristina Gándara López
Antía Neira Cardalda
Raul Marín Pazó

AULA 4_EQUILIBRIO / IMPOSIBLE:

O equilibrio dos corpos é a loita permanenete por manter un estado precario non intrínseco a eles mesmos. Máis o equilibrio non só está, ou buscase no físico, senón que tamén bucase a compensación de forzas entre o mundo sensible e o das ideas, entre o real e o irreal, entre o que vemos ou intuímos (sombras). O surrealista, o onírico, os estados de loucura, o mundo dos soños..desvirtúan esas forzas facendo tamén que ese equilibrio sexa posible.
Para expresar os nosos conceptos deicidimos achegarmonos ao mundo do espéctaculo (cine, circo) onde un elefante trata de manter o equilibrio sobre una corda, aínda por riba, esa corda non está senón que é unha sombra. Existe así unha confusión entre realidade e ficción, entre o que ves e o que imaxinas ver.

Xandra Acevedo Cal
Fernando Pena Carnero
Iria Costas Vázquez
Marina González Domínguez
Belén Sousa González
Sandra García Rodríguez
María Saavedra Pereira
Sandra González Villanueva
Sandra Tomé Argibay
Claudia Silva González

AULA 5_LEVE / ORGÁNICO:

Dinsfuncións Espazo-Sensoriais (LEVE / ORGÁNICO)

Nada máis acceder ao espazo é necesario atravesar unha estrutura de elementos pendurados no medio dunha escuridade case total, que nos transmite confusión e inquietude, esta primeira zona simboliza o momento da fecundación e as raíces da vida.
Ao saír das «lianas» encontrámonos cun habitáculo que contrasta co espazo anterior, tanto pola súa iluminación coma polas cores, son materiais utilizados mentres se executa unha proxección na que se poden intuír formas e movementos fetais simbolizando un espazo de recollemento e protección.Tras o espazo de abrigo e illamento, atravesaremos un túnel recuberto por papel de xornal que nos impulsa cara a un espazo de luz cegadora, onde nos espera unha saída fría cara á vida mundana.

Álvaro Lago
Ángel Bonet
María Lara
Daniel Dios
Lorena Méndez
Roi Mallén
Uxía Arias
Ariana Vidal
Carla Cores
Jessica Fernandes

AULA 6_EXPANSIÓN / AMBIGÜO:
Expansión / Ambigüo

A auga é o medio ideal para confluír tódalas esixencias deste proxecto. Situado nun compartimento estanco, o líquido é un elemento que carece inicialmente de dirección, máis calquera foco de acción que incida sobre el xerará un movemento expansivo (focal ou liñeal) que medrará ao longo e largo da súa superficie a medida que se atenúa, cuestionando se a onda expansiva medra porque aumenta en volume ou mingua porque perde intensidade. A medida que o fenómeno xera e expande alcanza o límite da superficie estancada, momento no que, rebota e comeza a cruzarse sobre sí mesmo; o espectador observa como na súa expansión a auga volve, como o camiño unidireccional  tórcese, como ao medrar mínguase.

A luz de varios focos situados a ámbolos lados do escenario vaise encargar de crear todas estas ilusións, matizando de azul tódolos reflexos e acrecentando así a sensación de encontrarse nun espazo irreal.

Roi López Van der Veen
Andrés Aguiar González
Sandra Carballo Rey
Adrián González Caballero
Elena Cancela Méndez
Iris Vila Cabaleiro
Sandra Carbó Costas
Noelia Estévez Davila
Xurxo González Herrero
Yago Quintas Alonso

AULA AUDIOVISUAIS_CONCENTRACIÓN / OPOSTO:

A idea plásmase na introducción do bosque como elemento vivo dun espazo amplo, natural, rural, concentrado nun espazo formado por elementos inertes, pequeno, artificial, urbano, polo tanto oposto, contrario, incompatible.
Para a materialización da idea empréganse pólas de eucalipto repartidas por toda a aula, suxeitas con  soportes de parasol, como elemento oposto. O chan cóbrese de follas e emprégase luz artificial, que se proxecta dende o chan, deixando
o espazo case en penumbra potenciando o carácter introvertido da instalación.
Por outra banda, a música aporta desequilibrio (no sentido de incompatibilidade cos sons propios dun bosque) que, mesturado co olfacto, a vista mailo tacto fan que o espectador  precise dun grao de concentración, para orientarse hai que tomar decisóns, provocando nel un sentimento contraditorio.

Miguel Cerqueiro Díaz
Beatriz Macias Rodríguez
Alba Ucha Mutilba
M. Carmen Martínez Portela
Antía Méndez Conde-Pumpido
René Miní Lázara
Juan Pablo Vidal Allegue
Olalla Docampo Boubeta
M.Paz LedoRodríguez
Sandra Almeida Rodríguez
Xulia Veiga Pérez

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629477148121/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba