Mon Oncle: Restaurante interpretando a película de Jacques Tati por Olaya Docampo

http://www.flickr.com/photos/adblog/7166937874/in/photostream
Mon Oncle, é un proxecto levado a cabo por Olaya Docampo Boubeta (alumna do segundo curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D) cuxa finalidade é a reforma dun local na rúa Teixugueiras (Vigo) para convertelo nun restaurante baseado na temática da película Mon Oncle, de  J. Tati.

A premisa fundamental do proxecto reside nunha nova lectura do contido da película como un gran espazo teatral, é por isto que o espazo concibese como unha escenografía na que se suceden os diferentes actos da obra.

:::ZONIFICACIÓN:::

A: Terraza cuberta, trátase dun espazo exterior e de lecer.
B: Barra de servizo e comida rápida, formada por unha barra alta e unha zona de mesas cun banco corrido.
C: Aseos
D: Office e acceso á cociña.
E: Restaurante, dividido en dúas zonas, sendo a primeira para comidas rápidas e a segunda de carácter máis íntimo.
F: Plataforma elevada destinada a zona de copas e sobremesa.

O elemento protagonista é o escenario, representado na plataforma, que domina o patio de butacas conformado polas restantes zoas do local.
No patio de butacas crease unha ambientación, reflectida a través dos materiais, as cores e as texturas. Utilízase no pavimento terrazo de gran miudo, para os paramentos chapa, vidro, pintura plástica, aceiro tratado producindo un efecto espello. Para o mobiliario, plástico, madeira, aceiro e corian. As cores empregadas serán o branco e o azul.
Os paramentos de cor branca serven como soporte para as proxeccións esporádicas, conferíndolle ao espazo un carácter espontáneo.
O escenario concíbese como un espazo de relación xerado mediante un asento circular, conformando unha atmosfera cálida ao través dos materiais, madeira, pel, tea, etc. Esta zona transfórmase nun escenario real para dar cabida a espectáculos.

http://www.flickr.com/photos/adblog/7166937614/in/photostream

O acceso principal encóntrase realiñado e componse de perfís de aceiro e vidro, ofrecendo así unha entrada constante de luz natural, na liña coa fachada colócase unha porta basculante de chapa pregada.
A fachada posterior realízase mediante planos fixos de vidro traslúcido, permitindo a entrada de luz natural. Nesta sitúase a saída de emerxencia.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629656011146/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba