Info-circled Info-circled

A ESCOLA PERMANECERÁ PECHADA DURANTE O MES DE AGOSTO


– MATRÍCULA ABERTA – CONVOCATORIA DE SETEMBRO

Formulario de preinscrición para o curso 26-27

PRAZAS LIMITADAS

A formación en Deseño

O deseño é unha das aportacións máis significativas ás novas esixencias do mundo contemporáneo. Aula D leva máis de 35 anos formando ao alumnado dende a multidisciplinariedade que hoxe presenta a profesión.

Os estudos de deseño supoñen unha aprendizaxe especializada na que se potencia a interacción entre arte, ciencia e tecnoloxía, coa capacitación profesional como principal obxectivo pero tamén fomentando o crecemento persoal e o coñecemento como elementos fundamentais nunha formación de calidade.

O noso percorrido como centro de estudos profesionais permítenos ao día de hoxe identificar e coñecer as necesidades formativas no ámbito do deseño así como dispor dos recursos máis axeitados para ofrecer aos nosos alumnos e alumnas unha boa formación que os capacite para acceder inmediatamente ao mercado laboral ou a estudos superiores.

Que vantaxes ofrece estudar un ciclo formativo?

Capacitación profesional

As Ensinanzas Artísticas Profesionais teñen equivalencia coa Formación Profesional na súa titulación -técnico superior-, coa vantaxe de que estes estudos céntranse non só nos aspectos técnicos senón tamén no coñecemento amplo de materias transversais que capacitan para desenvolver tarefas de xestión e dirección de proxectos profesionais en ámbitos moi diversos.

Alta cualificación

A titulación obtida tras rematar estes estudos permite acceder a un posto de traballo cualificado. A situación actual fai que as empresas requiran profesionais cun perfil de coñecementos e destrezas amplo ao mesmo tempo que un bo nivel de especialización en determinadas áreas, algo que na escola temos moi en conta á hora de formar ao noso alumnado.

Acceso a outros estudos

A duración destes estudos facilita a posibilidade de incorporarse ao mercado laboral cun título profesional en só dous cursos. De igual xeito é unha opción especialmente interesante de cara a acceder a estudos universitarios de grao ou a titulacións superiores.

Múltiples saidas laborais

Tanto o ciclo de Gráfica Publicitaria como o de Proxectos de Dirección de Obras e Decoración permiten optar a diversos ámbitos laborais e non unicamente a un posto específico. No primeiro caso, sobre todo, departamentos de deseño gráfico, axencias de publicidade e comunicación, estudos de fotografía, imprentas, etc; no segundo, estudos de arquitectura, estudos de interiorismo e rehabilitación de vivenda, departamentos de deseño de produtos, estudos de delineación, etc.

CICLOS FORMATIVOS

DESEÑO GRÁFICO

Ciclo formativo de grao superior. Gráfica Publicitaria.

Este ciclo formativo proporciona unha formación artística e técnica de calidade garantindo a cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. O currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos propios destes estudos, outros aspectos inherentes á formación profesional que permiten a incorporación da mocidade ó ambito laboral, cun grao de formación que lle permita adaptarse e actualizarse nas distintas especialidades da súa disciplina.

DESEÑO DE INTERIORES

Ciclo formativo de grao superior. Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

O ciclo formativo de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración ofrece unha formación profesional que abrangue dende a utilización (tanto analóxica como dixital) do debuxo e a composición volumétrica como medios de expresión, pasando pola comprensión da historia e a linguaxe propias do deseño, ata conquerir unha capacitación técnica que permite abordar calquera proxecto de interiorismo e dirixir a materialización da súa correspondente obra.

DESEÑO É ONDE A CIENCIA E A ARTE CHEGAN A UN PUNTO DE EQUILIBRIO

Robin Mathew