Curso de Ilustración e Banda Deseñada

O vindeiro luns 15 de maio dará comezo unha nova edición do Curso de Ilustración e Banda Deseñada en Aula D, os luns e os mércores de 18.00h a 21.00h, cun total de 42 horas lectivas.

Tanto a banda deseñada como o libro ilustrado, veñen experimentando unha importante presenza no ámbito editorial grazas aos novos autores que, nos últimos tempos, están a publicar os seus traballos, incluso máis alá das nosas fronteiras. Este curso ten como finalidade introducir ao alumnado nos coñecementos teórico-prácticos da ilustración e da banda deseñada.

cabeceras-curso-ilustracion

Máis info en https://aulad.com/cursos/ilustracion-e-banda-desenada/

Curso de Impresión 3D

impresion-3D

O vindeiro venres 19 de maio dará comezo o Curso de Impresión 3D nas nosas instalacións da rúa Ourense, 4 en VIGO, para un total de 20 horas lectivas.

  • Venres 19 e 26 de maio, de 16.00 a 21.00 horas
  • Sábado 20 e 27 de maio, de 9.00 a 14.00 horas

Neste curso, o alumnado aprenderá todo o necesario para manexar de forma autónoma unha Impresora 3D de tecnoloxía FDM, imprimir as súas propias pezas e solucionar posibles erros. O curso e froito da colaboración entre Aula D. Escola de Deseño e a empresa viguesa Rysia.

Máis info en https://aulad.com/cursos/monograficos/curso-de-impresion-3d/

 

Cursiños do 2º trimestre en Aula D

Calendario dos cursiños impartidos en AulaD para o 2º trimestre de 2017:

 

Curso de Reforma Interior de Vivendas

30 horas lectivas luns e xoves dende o 20 de abril

 

Curso de Ilustración e Banda Deseñada

42 horas lectivas luns e mércores dende o 15 de maio

 

Curso de Impresión 3D

20 horas lectivas venres e sábado dende o 19 de maio

 

Curso Preparatorio das Probas de Acceso

40 horas lectivas de luns a venres dende o 19 de xuño

 

Curso de Reforma Interior de Vivendas

A partires do 20 de abril e durante cinco semanas impartiremos o novo Curso de Reforma Interior de Vivendas.

O horario será os luns e xoves de 18.00h a 21.00h.
O curso estructúrase en catro bloques:
1. A vivenda, reflexións iniciais.
2. A representación do espazo.
3. Construcción e instalacións.
4. Proxecto de reforma.
Xa podes facer a túa reserva de praza.
cartel-curso-vivenda2017

Curso de Especialización en Deseño Web

deseno-web

O luns 16 de xaneiro dará comezo en Aula D, o Curso de Especialización en Deseño Web homologado pola Xunta de Galicia con un recoñecemento de 3 créditos ECTS.

O curso ten unha duración total de 54 horas lectivas, distribuidas en 6 horas semanais durante 9 semanas. As clases impártense os luns e os mércores entre as 18:00h e as 21:00h.

Máis info en https://aulad.com/cursos/curso-de-deseno-web/

Novas titulacións en Aula D

Aula D amplía a súa oferta educativa para o vindeiro curso 2016/2017.

Asemade dos xa coñecidos Ciclos Formativos de Grao Superior de Deseño de Interiores, e Comunicación Gráfica e Audiovisual, este ano poñemos en marcha as titulacións propias de Deseño Editorial e Arquitectura Efémera. Estes estudios terán lugar entre os meses de outubro a marzo, en horario de tarde, na procura de poder compatibilizalos con outros traballos ou actividades. Non é preciso ningún requisito académico previo nin facer ningunha proba de acceso.

 

editorial

 

efemera

Datas de acceso e admisión aos Ciclos Formativos de Grao Superior

O día 13 de xuño saiu publicado no Diario Oficial de Galicia, a resolución do 31 de maio pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2016/17, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

Podes consultar eiquí dito DOG

logo_DOG

 

 

 

As datas relevantes desta Resolución son:

  • Data límite de Inscrición: 20 de xuño
  • Proba de madureza: 27 de xuño
  • Proba específica: 7 de xullo

Cursos monográficos no segundo trimestre de 2016

cursos 2ºtrim 2016

Este é o calendario para os vindeiros cursiños que impartimos en Aula D.

O Curso de Ilustración Dixital está incluído no Curso de Ilustración e Banda Deseñada, pero tamén se pode facer de maneira independente.

Máis info nos seguintes enlaces

-> CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS

-> CURSO DE ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

-> CURSO DE ILUSTRACIÓN DIXITAL

Remate do Curso de Introdución ao Deseño Gráfico

O día 16 de marzo rematamos o Curso de Introdución ao Deseño Gráfico en Aula D. Ao longo de catro semanas fixemos un percorrido pola historia do deseño gráfico, a tipografía e o debuxo tanto manual como dixital. Asemade propuxemos deseñar a imaxe de marca dunha tenda de nome «La Chocante» adicada a venda de todo tipo de derivados do cacao, bombones, chocolates, … Este é o resultado acadado. Noraboa a todxs.

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 7 8 9
Volver arriba