Curso preparatorio para as Probas de Acceso

Para acceder directamente aos Ciclos Formativos das familias de Deseño de Interiores e Deseño Gráfico que impartimos nesta escola é preciso estar en posesión do título de bacharelato artístico. O resto de aspirantes poderá acceder sempre que supere unha ou dúas probas realizadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria entre os meses de xuño e xullo na Escola de Artes e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.

Do 9 ao 20 de xuño  impartiremos o curso preparatorio da proba específica para acceder aos Ciclos Formativos de Grao Superior de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

O curso estará dividido en materias teóricas e prácticas especialmente seleccionadas para que o alumno poda superar as diferentes partes da proba : HISTORIA DA ARTE – EXPRESIÓN GRÁFICA – PROXECTOS  (nos últimos dez anos temos un porcentaxe de aprobados na proba específica que supera o 98%).

Profesorado
Diego Fernández Pérez, Licenciado en Belas Artes. Xerardo Pérez Medrano, Arquitecto.
Pedro Román Company, Deseñador de interiores. Manuel Barreiro Chao, Deseñador de Interiores.

Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D. Escola de Deseño.

Horario

Do 9 de xuño ao 20 de xuño, de luns a venres, en horario de 10.00h á 14.00h

Prezo

200 euros dos cales 100 euros se descontarán do importe da inscrición aos Ciclos Formativos.
A abonar en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com

 

 

 

Obradoiro de verán para nen@s

A partires do 23 de xuño Aula D. Escola de Deseño organiza un obradoiro de arte e deseño para nen@s de 6 a 12 anos, nas nosas instalacions da rúa Ourense, 4 – baixo VIGO (ó carón da Casa da Xuventude). Somos unha Escola de Deseño e queremos ensinar aos rapaces aquelo que sabemos facer: construir e crear.

Cada día faremos unha actividade creativa diferente, comezando cunha introducción teórica, un proceso mental de deseño e rematando cun traballo manual que os rapaces levarán a casa. Alternaremos propostas que teñen que ver coa arte, a arquitectura, o cinema, a música, a pintura, o teatro, a fotografía … e moitas cousas máis. Podes ollar moitas destas actividades feitas o ano pasado neste blog (entradas de xuño, xullo e agosto de 2013).

 

Profesorado principal
Diego Fernández Pérez, Licenciado en Belas Artes. Xerardo Pérez Medrano, Arquitecto.
Pedro Román Company, Deseñador de interiores. Manuel Barreiro Chao, Deseñador de Interiores.
Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D. Escola de Deseño. Asemade haberá colaboracións de outros profesionais.

Horario
Do 23 de xuño ao 1 de agosto, de luns a venres, en horario de 10.00h á 14.00h

Prezo
8 euros por día (10% menos por cada irmán). Material incluido.
A abonar en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com

 

Remate do CIDE

No mes de decembro de 2013 rematou o Curso de Introducción ao Deseño. Neste segundo bloque do curso, e co apoio dalgunhas clases teóricas, tratábase de realizar o deseño dunha luminaria de interior para ámbito doméstico ou comercial,  para a súa venta a través de internet, incluindo o seu nome comercial, a imaxe gráfica e o propio contenedor ou embalaxe para transportar o produto.

«O produto está promovido por unha nova empresa de mobiliario e iluminación que pretende ofertar un deseño onde prime a orixinalidade e a creatividade. Tamén haberá que ter en conta a facilidade de montaxe e o tamaño e peso do envase para facilitar así a súa venta por internet. O prezo deberá ser competitivo.»

Os alumnos tiveron que materializar e expoñer públicamente os seus proxectos e convencer das súas «bondades». Aquí aparece unha mostra das luminarias presentadas, que nos deixaron moi bo sabor de boca. Noraboa a todos eles polo seu traballo e entusiasmo.

Primeiro proxecto do CIDE

Nas primeiras cinco semanas do Curso de Introducción ao Deseño os alumnos desenvolveron como proxecto un evento musical a celebrarse nas 18 parroquias rurais de Vigo, promovido pola Federación de Asociacións Veciñais, e cuxo obxectivo é dar a oportunidade aos grupos de música locais de amosar o seu traballo aos seus concidadáns. Durante 18 días trasladarase a “escenografía” destes concertos dunha parroquia a outra, de xeito que a música poida chegar a tódolos puntos do municipio.

Trátase de dar unha imaxe de marca coherente, no que o alumnado debe elixir un nome para este evento, estética gráfica propia, asemade unha escenografía que sirva de marco para os concertos musicais, tendo en conta que ao día seguinte terá que trasladarse de parroquia para que teña lugar outro concerto.

Baixo estas premisas os alumnos abordaron con entusiasmo o seu primeiro traballo de deseño, percorrendo ideas e conceptos, amoldándose ao briefing e conseguindo finalmente darlles forma e sentido como proxecto.

Remate do Curso de Ilustración Dixital

Durante os días 18, 19, 25 e 26 de outubro  impartiuse o Curso de Ilustración Dixital nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño.

Alberto García Ariza, ilustrador e profesor de Aula D, amosou as diferentes técnicas de coloreado dixital, tanto sobre debuxos con contornos ben definidos como para bosquexos rápidos e compartiu os pequenos trucos que utiliza no seu traballo. Os asistentes ao curso poideron experimentar o aprendido coas súas propias ilustracións.

 

Cursos monográficos outubro + novembro 2013

Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os meses de outubro e novembro de 2013 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude). O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h .

 

Cursos outubro e novembro 2013

Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con cursos@aulad.com
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:

Curso de Ilustración dixital

Curso de Modelado dixital en 3D

Curso de Ilustración Dixital

Partindo dun coñecemento básico da teoría da cor e o manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é amosar ao alumno diversas opcións de coloreado dixital a partires de exemplos de cómic e ilustración, asemade os procesos técnicos destinados a unha correcta dixitalización de orixinais. Tamén daremos nocións para o uso de Photoshop con outros programas, ou mixtas en combinación con técnicas tradicionais de coloreado. O software Photoshop non so é o estándar en retoque fotográfico, senon unha ferramenta cada vez máis usada por ilustradores tanto para retocar ilustracións dende técnicas tradicionais como para crear imaxes directamente.

Curso de Ilustración Dixital
Obxectivos
Dotar ao alumnado acerca das opcións básicas para uso de Photoshop no coloreado dixital.
Informar acerca das alternativas a Photoshop para coloreado dixital e ferramentas complementarias.
Capacitar ao alumnado para que con ditas nocións poida profundizar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.

Contidos
Axustes en Photoshop para coloreado dixital.
Información sobre hardware adicional ao equipo. Tabletas gráficas.
Tipos de coloreado só con Photoshop.
Uso de técnicas tradicionais en combinación con Photoshop.
Uso de outros programas en combinación con Photoshop (só exemplos).
Ferramentas adicionais.

Metodoloxía
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o alumnado realizará na aula.

Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas con coñecementos previos de Photoshop. Deberán levar portátil con Adobe Photoshop instalado (recomendable con tableta gráfica).

Profesor
Alberto García Ariza, Licenciado en Belas Artes, Ilustrador e profesor de Aula D. Escola de Deseño.

Horario
Venres 18 de outubro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 19 de outubro de 10.00 h á 14.00 h
Venres 25 de outubro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 26 de outubro de 10.00 h á 14.00 h

Prezo
Xeral : 80€
Alumnos de Aula D : 40€
Exalumnos de Aula D : 60€
A abonar antes do martes 15 de outubro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857). Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, se devolverán os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com

Curso de Modelado Dixital en 3D

Curso práctico de modelado dixital en 3D co programa GOOGLE SKETCHUP. Durante o curso mostrarase cómo modelar espazos e obxectos en 3D utilizando tódolos recursos necesarios para facelo de xeito rápido, áxil e eficiente. Este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e amosar os espazos e obxectos deseñados.

 

Contidos

Presentación.

Personalización do entorno de traballo.

Ferramentas de debuxo.

Compoñentes e capas.

Estilos e sombras.

Modelado de terreos.

 

Perfil do alumnado

O curso está dirixido a arquitectos, deseñadores e delineantes sen experiencia co programa. O alumnado deberá traer o seu portátil co programa instalado.

Profesor
Jesús Carrazoni Fuertes. Desenvolve o seu labor profesional como arquitecto e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D.Escola de Deseño.

Horario
Venres 15 de novembro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 16 de novembro de 10.00 h á 14.00 h
Venres 22 de novembro, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 23 de novembro de 10.00 h á 14.00 h

Prezo
Xeral : 80€
Alumnos de Aula D : 40€
Exalumnos de Aula D : 60€
A abonar antes do martes 12 de novembro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857). Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, se devolverán os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com

CIDE – Curso de introducción ao deseño


Durante os meses de outubro, novembro e decembro Aula D impartirá o CIDE, un curso a través do que achegaranse ao alumnado coñecementos teórico-prácticos propios do Deseño, tanto dende o ámbito do deseño gráfico, como do deseño de interiores ou do deseño de produto.

Orientado fundamentalmente a persoas interesadas no deseño ou que teñan pensado iniciar estudos afíns (deseño gráfico, deseño de interiores, belas artes, arquitectura, delineación, etc), este curso non precisa de coñecementos previos por parte do alumnado xa que a súa metodoloxía permite desenvolver os contidos dun xeito progresivo ata acadar un nivel óptimo na aprendizaxe.

O curso ten unha duración total de 60 horas distribuidas en 6 horas semanáis durante 10 semanas, dende  outubro a decembro. As clases impartiranse os luns e os xoves en horario de tarde.

Descargar o folleto informativo en formato .pdf (1,40MB)

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes de reserva de praza atenderanse estrictamente por orde de chegada. Haberá un prazo para efectuar a formalización da matrícula pasado o que o dereito de matrícula pasaría á seguinte persoa da listaxe.
Para calquera dúbida ou comentario, ou mesmo para reservar praza, é posible contactar no enderezo de correo electrónico cursos@aulad.com ou no teléfono 986 214 076.

Aula D, escola de deseño | rúa Ourense 4, Vigo 

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Volver arriba