• Twitter
  • Facebook
  • Instagram
  • Flickr
  • Vimeo
Aula D, escola de deseño
  • A ESCOLA
    • HISTORIA
    • EQUIPO DOCENTE
    • INSTALACIÓNS
    • EMPRESAS COLABORADORAS
    • BOLSA DE TRABALLO
  • CICLOS FORMATIVOS
    • DESEÑO GRÁFICO
    • DESEÑO DE INTERIORES
    • ACCESO
    • RESERVA DE PRAZA
    • MATRICULACIÓN
    • BOLSAS DE ESTUDOS
    • PRÁCTICAS EN EMPRESAS
    • HORARIOS
  • CURSOS
    • CALENDARIO DE CURSOS
    • CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO
    • DESEÑO EDITORIAL
    • DESEÑO WEB
    • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
    • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
    • REFORMA DE VIVENDAS
    • LOCUCIÓN AUDIOVISUAL
    • LOCUCIÓN INTERPRETATIVA
    • DOBRAXE (CINE E TV)
    • PREPARACIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO
  • CONTACTO
  • BLOG
  • Search
  • Menu Menu

qué é?

O CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN DESEÑO WEB é un curso no que se imparten coñecementos básicos sobre esta disciplina e que permitirán ao alumnado achegarse a este ámbito.

Este curso está homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria obtendo á súa finalización 3 créditos ECTS.

a quen vai dirixido?

O curso vai dirixido a calquera persoa que teña interese polo deseño de páxinas web e que desexe obter coñecementos fundamentais para o desenvolvemento de proxectos persoais ou iniciarse de cara a unha futura labor profesional.

teño que ter coñecementos previos?

Non é preciso dispor de coñecementos previos para realizar este curso. Nas primeiras clases abordaranse os contidos máis básicos e progresivamente iranse introducindo outros máis específicos para rematar cun nivel óptimo para todo o alumnado.

canto tempo dura?

(datas e horarios pendentes de programación)

cal é a metodoloxía do curso?

Exponse a través de tres eixos: clases teóricas, exercicios prácticos e un proxecto persoal sobre o que se traballará durante o curso.

que vou aprender?

Ademais de obter coñecementos teóricos, o alumnado aprenderá a afrontar o desenvolvemento dun proxecto de deseño web tendo en conta non só as diferentes cuestións técnicas senón tamén aquelas referidas á estética e a interacción dos usuarios. Ao finalizar o curso o alumnado disporá dos recursos necesarios para construir e xestionar unha páxina web básica.

hai exames?

Non. Impartiranse contidos teóricos que se verán reflectidos nos exercicios prácticos e workshops que se desenvolverán na aula ao longo do curso.

a asistencia é obrigatoria?

O curso é presencial polo que, para a obtención do diploma, establécese unha porcentaxe mínima de asistencia do 80%.

que materias se imparten?

Durante o curso impartiranse dúas unidades de contidos, mais un proxecto persoal, permitindo abordar as diferentes materias programadas, e que son as seguintes:

  • Unidades teóricas (9h)
    – Introdución e breve historia de Internet
    – Principios do deseño web. Taxonomías.
    – Navegación, estrutura e aspecto visual.
    – Usabilidade e experiencia de usuario (UX/UI).
    – Tipos de contidos. Organización e xerarquía.
    – Xestión de dominios e hosting.
    – Marketing dixital
  • Unidades técnicas (30h)
    – HTML (linguaxe de marcas).
    – CSS (follas de estilo).
    – Estruturas e prototipos (wireframe).
    – Xestión de contidos (WordPress).
    –  Uso e personalización de temas e plugins.
  • Proxecto persoal (15h)

quen impartirá as clases?

As clases serán impartidas polos profesores Alberto Ariza, Diego Fernández e Margarita Pastoriza, todos eles con ampla experiencia profesional e docente.

que materiais necesito?

O alumnado deberá asistir ao curso co seu propio ordenador portátil.

emítese un título ao rematar?

Sí, unha vez rematado o curso o alumnado recibirá un diploma acreditativo emitido pola escola certificando a súa asistencia ao mesmo.

canto custa o curso?

Prezo xeral: 300€

Alumnado e exalumnado de Aula D, e persoas en situación de desemprego: 250€

Existe a posibilidade de realizar o pagamento das taxas en dúas mensualidades.

hai reserva de prazas?

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse por orde de chegada dende o formulario de preinscrición ou a través do enderezo info@aulad.com.

como me matriculo?

A matrícula queda formalizada co abono do total da taxas ou do primeiro prazo, ben na propia escola (r/ Elduayen 36, -1 – acceso por escaleiras en Baixada ó Forte –, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857) indicando nome do alumno/a e curso.

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.

  • CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO
  • CURSO DE DESEÑO WEB
  • DESEÑO EDITORIAL
  • CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS
  • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA
  • PREPARACIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO
  • DOBRAXE
  • LOCUCIÓN AUDIOVISUAL
  • LOCUCIÓN INTERPRETATIVA

CURSOS

  • CURSO DE INTRODUCIÓN AO DESEÑO GRÁFICO
  • CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS
  • DESEÑO EDITORIAL
  • DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS
  • ILUSTRACIÓN E BANDA DESEÑADA

CICLOS FORMATIVOS

  • DESEÑO GRÁFICO
  • DESEÑO DE INTERIORES

TRÁMITES

  • ACCESO
  • MATRÍCULA
  • RESERVA DE PRAZA

CONTACTO

Aula D, escola de deseño

Rúa Elduayen 36 -1
(acceso por escaleiras laterais)
36202 Vigo

T. 986 213 627
info@aulad.com

Aula D, escola de deseño
  • Twitter
  • Facebook
  • Instagram
  • Flickr
  • Vimeo
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
Scroll to top

Este sitio web emprega cookies para permitir o seu correcto funcionamento técnico e con fins analíticos.
Podes revisar aquí a política de privacidade e a política de cookies

PERSONALIZAR PREFERENCIASBLOQUEAR COOKIESACEPTAR TODAS

Cookies e axustes de privacidade



Cómo utilizamos as cookies

Esta páxina web utiliza cookies con fins técnicos e analíticos.

Nas pestanas laterais podes cambiar e personalizar as túas preferencias.

Cookies funcionais

Son necesarias para permitir o correcto funcionamento do sitio web.

En caso de querer bloquealas ou borralas deberás facelo dende os axustes de configuración do teu navegador.

Cookies analíticas

Estas cookies recompilan información que se usa en forma agregada para axudarnos a comprender como se usa o noso sitio web ou para axudarnos a personalizar e mellorar a experiencia de uso.

Se non desexas permitilas podes desactivar o rastrexo no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recompilar datos persoais como a súa dirección IP, permitímoslle bloquealos aquí. Teña en conta que isto podería reducir en gran medida a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios producirán efecto unha vez que volva cargar a páxina.

Google Webfont Settings:

Google Map Settings:

Vimeo and Youtube video embeds:

Política de privacidade e cookies

Aquí tes dispoñible a nosa Política de privacidade así como a Política de cookies

Gardar axustesBloquear cookiesPERMITIR TÓDALAS COOKIES