No pasado mes de decembro finalizou o Curso de Introdución ao Deseño; durante o mesmo o alumnado tivo a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos dando forma a dous proxectos: un punto de información turística e unha luminaria. En ámbolos dous casos, os resultados superaron as expectativas, tendo en conta que este é un curso introductorio e o alumnado carecía de experiencia previa na xestión de proxectos destas características. Seguir leyendo «CIDE 2014»
Adxuntamos a programación de cursos monográficos para o primeiro trimestre de 2015 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude).
Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con nos en cursos@aulad.com ou no 986214076.
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:
O pasado 29 de outubro rematou o Curso de Escaparatismo logo da exposición dos escaparates proyectados polos alumnos asistentes. O proxecto elaborado durante as dúas semanas de curso consistiu no deseño dun dos escaparates pertencentes á Librería Prisma, situada na rúa Coruña, nº 56 en Vigo, que serviría para promocionar durante uns días o libro publicado pola Editorial Galaxia de nome «Cociñando ao pé da letra» e co subtítulo «entra na literatura galega … ata a cociña».
O libro xurde a partires dunha idea de Yolanda Castaño sobre a mixtura de cociña e literatura. Convídase a varios escritores galegos para que fagan un relato corto e libre sobre a cociña. Asemade cada un deles terá que cociñar algún prato baixo a cámara atenta da fotógrafa Andrea Costas. O libro complétase cunha reseña de cada autor feita pola propia Yolanda Castaño.
Programación de cursos monográficos para o cuarto trimestre de 2014 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – Vigo (xunto á Casa da Xuventude). O horario dos cursos será de 18.00h a 21.00h.
Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con nós en cursos@aulad.com ou a través do teléfono 986 214 076.
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes vínculos:
O curso Argonauta, inspiración en fotografía vai dirixido a profesionais e afeccionados que desexen profundizar no desenvolvemento dunha metodoloxía de traballo propia así como na obtención de diferentes estratexias e recursos cos que afrontar tanto encargos comerciais como proxectos persoais. Seguir leyendo «ARGONAUTA. Inspiración en fotografía. Cursos Aula D»
Foi especialmente interesante coñecer de primeira man cómo se desenvolve a labor cotiá dun debuxante profesional e as diferencias de plantexamento entre os traballos comerciais e os proxectos personais, así como a súa visión do panorama actual da ilustración e a banda deseñada.
Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os próximos meses de 2014 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude).
Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con nos en cursos@aulad.com ou no 986214076.
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:
Curso práctico de modelado dixital en 3D co programa GOOGLE SKETCHUP. Durante o curso mostrarase cómo modelar espazos e obxectos en 3D utilizando tódolos recursos necesarios para facelo de xeito rápido, áxil e eficiente. Este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e amosar os espazos e obxectos deseñados.
Contidos
Presentación.
Personalización do entorno de traballo.
Ferramentas de debuxo.
Compoñentes e capas.
Estilos e sombras.
Modelado de terreos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a arquitectos, deseñadores e delineantes sen experiencia co programa. O alumnado deberá traer o seu portátil co programa instalado.
Profesor
Jesús Carrazoni Fuertes. Desenvolve o seu labor profesional como arquitecto e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D.Escola de Deseño.
Horario Venres 14 de marzo, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 15 de marzo de 10.00 h á 14.00 h
Venres 21 de marzo, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 22 de marzo de 10.00 h á 14.00 h
Prezo
Xeral : 80 euros
Parados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 40 euros
Exalumnos de Aula D : 60 euros
A abonar antes do martes 11 de marzo, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com
A Tipografía é unha das disciplinas do deseño gráfico que ten unha maior importancia, tanto pola necesidade de comunicar axeitadamente unha mensaxe mediante texto como por seres capaz de potenciar e reforzar a expresividade e o carácter dun proxecto. Deste xeito, o coñecemento e manexo da tipografía é fundamental no labor profesional do deseñador posto que a palabra escrita está presente prácticamente en todos os traballos relacionados co eido publicitario, editorial e, por suposto, do deseño gráfico.
O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado de coñecementos básicos acerca da tipografía, tanto no referido á súa evolución histórica como aos aspectos formais e técnicos derivados do seu uso no ámbito profesional ou persoal.
Metodoloxía
A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento teórico dos temas, con algún exercicio práctico de carácter puntual.
Non se precisa que o alumnado traia ningún material ao curso.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que estean interesadas no deseño gráfico e a tipografía que desexen adquirir coñecementos básicos sobre a materia.
Profesor
Diego Fernández Pérez. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e imparte clases de Tipografía e Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria en Aula D, Escola de Deseño.
Horario
Venres 23 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 24 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Venres 30 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 31 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Prezo
Xeral : 80 euros
Parados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 40 euros
Exalumnos de Aula D : 60 euros
A abonar antes do martes 20 de maio, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com
As transformacións tecnolóxicas, estéticas e sociais acontecidas nos últimos anos, precisan da adaptación das nosas vivendas. Pequenos cambios, que non implican un grande desembolso económico, poden permitir esta actualización.
A vivenda é unha das cuestións máis complexas que abordamos dende o deseño de interiores, dada a cantidade de actividades diferentes ás que debe dar resposta para satisfacer as necesidades dos seus usuarios, polo que asumimos que ”a vivenda é unha máquina de habitar”. Non obstante, a vivenda custodia os nosos recordos, vivencias, memorias, … reflexa a nosa persoalidade, e dicimos “como na casa de seu non se está en ningures”.
Metodoloxía
O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos tanto teóricos como prácticos para abordar a reforma dunha vivenda. A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e a realización de casos prácticos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que desexan iniciarse no deseño de interiores, ou que pensan reformar a súa vivenda.
Profesorado Xesús Carrazoni Fuertes, Arquitecto. Xerardo Pérez Medrano, Arquitecto. Pedro Román Company, Deseñador de interiores. Iria Sobrino Fajilde, Arquitecta.
Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D. Escola de Deseño.
Horario
Venres 23 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 24 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Venres 30 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 31 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Prezo
Xeral : 80 euros
Parados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 40 euros
Exalumnos de Aula D : 60 euros
A abonar antes do martes 20 de maio, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com