# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola

http://www.flickr.com/photos/adblog/6939358875/in/photostream
Vivimos nun mundo funcional onde os espazos e os obxectos posúen unha utilidade feita á medida das nosas necesidades; todo iso cun custo e moitas veces cun enorme impacto medioambiental a medio ou longo prazo.
O deseño, o funcionalismo e a produción industrial levan trazando un percorrido paralelo – fundamentalmente dende a Bauhaus- alentado polo constante e precipitado desenvolvemento da ciencia a a tecnoloxía neste último século, sendo o funcional algo necesario aínda que, en moitos casos, insuficiente como ferramenta expresiva. Por outra banda, compre ter en conta esa especial relación que, dende as vangardas históricas, leva existindo entre a Arte e o Deseño, onde cadaquén é capaz de mirar ao outro para nutrirse e medrar coas novas propostas mantendo, eso sí, a súa individualidade como disciplina.

Tendo isto  como alicerce, nos últimos días do mes de Decembro, propúxose pois, reutilizar un espazo determinado da escola, aproveitando tanto o colector (a aula) como o contido (mobiliario) para, a partires de dous termos repartidos ao azar, xerar unha instalación que fose capaz de transmitir e comunicar a suma de ámbolos conceptos sen que o resultado final fose un “produto funcional”; é dicir, non se trataba tanto de realizar un traballo comercial senón de facer unha proposta aberta, chea de significado e expresiva; construir un espazo onde se potencien as percepcións, sensacións e emocións do usuario cando a experimente. Seguir leyendo «# Disfuncións espazo-sensoriais: breve resumo das instalacións do proxecto conxunto anual na escola»

Abrir publicación

Jacu Coffee Roastery: identidade visual para unha marca de café realizada por Tom Emil Olsen

Tom Olsen Emil é un deseñador gráfico que traballa como director creativo nunha das axencias de publicidade máis importantes do oeste de Noruega: Havnevik.
Nesta ocasión o deseñador creou a identidade visual de Jacu Coffee Roastery, un establecemento que, ao igual que o paxaro Jacu, no que está inspirada toda a filosofía e deseño da marca, ten como obxectivo unha esixente busca dos mellores cafés para torrar e servir aos seus clientes. Seguir leyendo «Jacu Coffee Roastery: identidade visual para unha marca de café realizada por Tom Emil Olsen»

Abrir publicación

Typogami: unha fonte animada e gratuíta deseñada polo estudio holandés Caslon

Typogami é unha tipografía animada creada polo estudio holandés Calango e realizada co programa After Effects. Esta tipografía, inspirada na arte xaponesa do origami e que permite realizar diferentes variacións das cores, ángulos de pregadura, luces, sombras e un longo etcétera, pódese descargar de forma gratuíta na súa versión estática na páxina de facebook de Calango.
Esta versión consta dunha fonte con tres estilos que poden ser amoreados uns enriba doutros para formar o tipo de letra completa, así como un arquivo de Adobe Illustrator con todos os símbolos e caracteres nun lenzo. Pola contra, a versión animada, require Adobe After Effects CS3 ou superior e a descarga tamén inclúe un screencast co manual de usuario.

vía | ateneupopular

Historia da Imaxe Gráfica en 21 alumnos

http://www.flickr.com/photos/adblog/6891156091/in/photostream
Baixo este título, Claudia Silva, Xulia Veiga e Noelia Estévez fan a súa particular proposta de orla para a Promoción 2010/12 de Gráfica Publicitaria en Aula D.
Segundo comentan as autoras do proxecto, non é máis ca unha creativa presentación para futuros creativos. A través da recreación de diferentes iconos representativos da arte, o deseño e a fotografía realizan unha serie de meticulosas e excelentes interpretacións caracterizando aos alumnos/as en función da súa personalidade, das súas inquedanzas ou gustos estéticos, construindo así unha ficción cuxa función é deixar unha pegada divertida e intelixente do paso destas persoas pola escola.

Para ver algunhas das imaxes así como a orla completa, véxase:

http://issuu.com/aulad/docs/historia

http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629356280901/

Abrir publicación

Charla-coloquio: «Cociñando ao pé da letra» con Andrea Costas e noncommon

http://www.youtube.com/watch?v=SY8suVjHOSw&feature=player_embedded

Este martes 28 de febreiro ás 12 horas, terá lugar unha charla-coloquio impartida por noncommon, estudo de arquitectura e comunicación vigués de Rai Iglesias (brand editor) e Iria Sobrino (arquitecta e profesora de aulaD), xunto con Andrea Costas (fotógrafa e tamén profesora da nosa escola).
Cociñando ao pé da letra é o título que dá nome ao libro nacido da man de Andrea Costas e Yolanda Castaño e publicado pola Editorial Galaxia, onde, a través de escritores galegos como Fina Casalderrey, Candido Pazó, Carmen Blanco, Agustín Fernández Paz e ata 21 autores e autoras máis, se xeran unha serie «receitas literarias» un tanto difíciles de catalogar, pois non se trata dun libro de cociña ao uso nin tampouco dun receitario común, senón que nel pódense atopar as diferentes vivencias culinarias dos protagonistas da obra vistas dende un punto de vista moi creativo, poético e innovador.

Lugar: aulaD, escola de artes e deseño
Hora: 12:00
Entrada libre

Exposición colectiva do alumnado que cursa o primeiro ano do Ciclo de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración e Gráfica Publicitaria.

Exposición colectiva do alumnado do primeiro curso de Deseño de Interiores e Gráfica Publicitaria
Dende o Xoves 16 de Febreiro ata o 2 de Marzo, estarán expostos no espazo polivalente de Aula D algúns dos traballos do alumnado que cursa o primeiro ano dos Ciclos Formativos de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de decoración e Gráfica Publicitaria.
Unha selección que pasa por ilustracións sobre papel, colaxes, móbiles colgantes, deseños de gráfica para bricks, cartelería, etc
Unha interesante e moi completa mostra do traballo realizado polos alumnos que cursan o primeiro ano na escola.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157629349197731/

Abrir publicación

Londres 2012: doce artistas británicos deseñan doce carteis promocionais para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos

A Tate Gallery de Londres foi a elixida para a presentación pública dos doce carteis oficiais (seis para os Xogos Olímpicos e outros seis para os Paralímpicos) dos XXOO de Londres 2012 que foron realizados polos artistas británicos máis afamados do momento.
Segundo a Organización (LOCOG) e o Comité de Expertos (entre o que se encontra Nicholas Serota, director da Tate Gallery) que fixeron a selección das obras, foron elixidos todos aqueles traballos que conseguiron representar o espírito olímpico á vez que o talento artístico do país onde se celebran, Reino Unido.
A través de internet ou nas tendas oficiais, xa se pode comprar algún dos carteis así como unha serie limitada de gravados das obras orixinais.

vía | experimenta

40 DOTS. 40 ARTISTAS

Tras sete anos de vida, o magazine de tendencias vigués, Dot Galicia, apostou por realizar unha exposición que estará composta por 40 obras de 40 artistas que foron publicadas na propia revista ao longo da súa historia e coas que se pretende representar a filosofía da publicación galega. Nela, poderemos atopar os traballos de diferentes autores, que abranguen dende o deseño gráfico, ata a pintura, ilustración ou fotografía así como actividades complementarias relacionadas co mundo do audiovisual e da música.
A mostra terá unha duración de catro días, sendo a inauguración o venres día 20 ás oito da tarde no «Halcón milenario», na rúa Cervantes, 18-1º, en Vigo. As obras poderán verse os días 20, 21, 27 e 28 de xaneiro en horario de 20:00 a 23:30.

Laus 2012: premios internacionais do deseño gráfico e a comunicación visual

Un ano máis, a ADG-FAD (Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte ), convoca a 42ª edición dos premios internacionais do deseño gráfico e a comunicación visual.

O prazo de inscrición foi aberto o 9 de Xaneiro e ten como data límite ata o día 10 do próximo mes de febreiro para a presentación das obras. Aos premios (Bronce, Ouro, Prata e Gran Laus), que constitúen unha ferramenta de divulgación inestimable, poderán presentarse profesionais do sector así como estudantes, estes últimos en dúas categorías:

. Traballo libre (proxecto de deseño gráfico ou publicidade en calquera medio): Poderán participar os estudantes que no presente curso académico 2011-12 estean matriculados en materias de calquera curso.

. Proxecto final de estudos (deseño gráfico, audiovisual, web e medios dixitais): Só poderán
participar aqueles estudantes que remataron os seus estudos no curso académico 2010-11.

Os alumnos/as que estean interesados en presentar algún proxecto, deberán poñerse en contacto previamente coa escola para realizar a entrega dos traballos e obter un certificado de estudios. As bases poden ser consultadas e descargadas neste link.

Abrir publicación

Din-Ink, reinventando o boli Bic

O estudio zo-loft, tomou como punto de partida os tradicionais bolis Bic para facer unha proposta conceptual na que a tapa, algo que de cotío ten pouca utilidade, (e que case sempre rematamos levándonos á boca), pasa a converterse no elemento principal deste deseño. A idea é que os bolígrafos poidan servir, ademais de para escribir, para ser usados como cubertos. As vantaxes poden ser moitas, xa que cun pequeno custo de producción estes bolis-cuberto poderían ser de especial utilidade, por exemplo, en países en desenvolvemento ou en comunidades con poucos recursos.  Están feitos de materiais non tóxicos, axeitados para o sector alimentario.

vía | designboom

 

 

Navegación de entradas

1 2 3 6 7 8 9 10
Volver arriba