Tom Olsen Emil é un deseñador gráfico que traballa como director creativo nunha das axencias de publicidade máis importantes do oeste de Noruega: Havnevik.
Nesta ocasión o deseñador creou a identidade visual de Jacu Coffee Roastery, un establecemento que, ao igual que o paxaro Jacu, no que está inspirada toda a filosofía e deseño da marca, ten como obxectivo unha esixente busca dos mellores cafés para torrar e servir aos seus clientes.
Polo que, o deseñador creou un logotipo xunto cunha tipografía que remiten directamente aos conceptos de café e Jacu desenvolvendo un sistema con diferentes materiais e técnicas que parten, na súa maioría, de selos de cera, estarcidos e diferentes tampóns que se empregan en tódalas aplicacións propostas para a citada marca de café.
vía | behance