Gañadores da 1º Bolsa de Estudos en Deseño

Reunido o xurado do concurso da 1º Bolsa de Estudos en Deseño, convocado por Aula D, e conformado éste por Manuel Barreiro Chao (director do centro), Pedro Román Company (xefe de estudos), Xerardo Pérez Medrano (arquitecto e profesor de Tecnoloxía), Diego Fernández Pérez (deseñador e xefe do dpto. de Gráfica Publicitaria) e Andrea Costas Lago (artista e profesora de Fotografía), acordan conceder unha bolsa de estudos aos seguintes participantes:

– Be Ita (Beatriz Santorun Vázquez)

– Nerea Macabra Elektro Duende (Nerea Paños Boente)

Os primeiros tres finalistas, por número de votos, foron Beatriz Santorun Vázquez (263 votos), Nerea Lorenzo (215 votos), Nerea Paños Boente (211 votos). Os outros tres finalistas seleccionados foron Beatriz Fernández García, Diego Orge Vázquez e Daniel Alonso Pérez.

 

Os catro finalistas que non foron premiados están invitados a asistir ao cursiño monográfico que eles elixan dos que Aula D levará a cabo durante o curso 2013/2014.

Parabéns aos gañadores así como ao resto de participantes.

1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D

Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 1ª bolsa de estudos en deseño.
Se che gusta o deseño, a publicidade, a fotografía, o interiorismo, e sobre todo a creatividade…
…tes a oportunidade de obter unha bolsa de estudos para formarte connosco o vindeiro curso, nun dos ciclos oficiais de Grao Superior que impartimos:
– deseño gráfico
– deseño de interiores Seguir leyendo «1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D»

Exposición ‘100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007’

Esta exposición estará no Museo ata o 28 de abril. Con obras de creadores como André Lurcat, Fritz Hellmut Ehmcke, Peter Behrens e Hermann Gretsch; a mostra conmemora o centenario da Deustscher Werkbund, a Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich.

Seguir leyendo «Exposición ‘100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007’»

11 lámparas vestidas

pasado venres inauguramos a exposición 11 lámparas vestidas, un proxecto levado a cabo por Xan Centrón, Miguel Vázquez, Sara Veiga e Nerea Villar, promotores de The Nude Design.

O concepto Nude xira en torno á idea de deseñar mobiliario e obxectos que poidan ser facilmente personalizables polos usuarios, nunha confluencia entre deseño industrial e deseño gráfico. A súa primeira creación é a lámpada Miss Mixx: Seguir leyendo «11 lámparas vestidas»

Abrir publicación

Foro DAG: Propostas de avance para o deseño.


O pasado sábado 9 de febreiro tivo lugar en Santiago de Compostela o foro Propostas de avance para o deseño, promovido pola Asociación Galega de Deseñadores. O foro constituiuse en seis mesas temáticas:

1. A web como medio no contexto da edición
2. Educación e formación en deseño en Galicia
3. A produción do deseño galego
4. A comunicación do deseño galego
5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica
6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas

Dende a escola participamos na mesa de Educación abordando, entre outros, temas referidos á oferta formativa de deseño en Galicia, contidos impartidos nos diferentes niveis formativos, a relación existente entre a educación en deseño e o mundo laboral, así como a necesidade de incentivar a posta en valor do Deseño cara á sociedade, á empresa e ás institucións.

Fíxose tamén unha posta en común por parte de cada mesa das súas conclusións, algo que resultou especialmente enriquecedor e que servíu para pór de manifesto a coincidencia en temas como  a necesidade de visibilizar e promover o Deseño feito en Galicia, o interés por potenciar a investigación, a busca da calidade -tanto en aspectos educativos, técnicos, de difusión, etc-, así como fomentar a relación entre profesionáis, institucións e centros educativos.

Igualmente quedou definido o compromiso de documentar todas estas conclusións, de forma detallada, e publicalas próximamente na web da DAG.

Abrir publicación

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2011/12.

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2012/13

AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnado do módulo de  Expresión Gráfica pertencentes ao curso escolar 2011/2012. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón ou acuarela ata a augada.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157632226315337/

Wonchan Lee: Packaging para Premium Belgian Beer


Premium. Belgian. Beer. Esas son as tres palabras que tiña que ter en conta Wonchan Lee (deseñador con sede en Australia) ao deseñar a gama para esta marca de cervexa. O obxectivo era diferenciar a marca e o packaging doutros competidores no mercado, así como comunicar con claridade e manter a identidade desta.

Premium Belgian Beer emprega unha paleta de cores bastante sobria durante todo o deseño que xunto coa cor da cervexa crea gran contraste, o que fai, entre outras cousas, que este packaging sexa tan vistoso. Por outra banda, empregáronse materiais para que o paquete sexa moito máis lixeiro que un convencional conseguindo tamén abaratar os custos e gastos de envío á hora de transportalo.

Vía | experimenta

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Volver arriba