Este martes 28 de febreiro ás 12 horas, terá lugar unha charla-coloquio impartida por noncommon, estudo de arquitectura e comunicación vigués de Rai Iglesias (brand editor) e Iria Sobrino (arquitecta e profesora de aulaD), xunto con Andrea Costas (fotógrafa e tamén profesora da nosa escola).
Cociñando ao pé da letra é o título que dá nome ao libro nacido da man de Andrea Costas e Yolanda Castaño e publicado pola Editorial Galaxia, onde, a través de escritores galegos como Fina Casalderrey, Candido Pazó, Carmen Blanco, Agustín Fernández Paz e ata 21 autores e autoras máis, se xeran unha serie «receitas literarias» un tanto difíciles de catalogar, pois non se trata dun libro de cociña ao uso nin tampouco dun receitario común, senón que nel pódense atopar as diferentes vivencias culinarias dos protagonistas da obra vistas dende un punto de vista moi creativo, poético e innovador.
Lugar: aulaD, escola de artes e deseño
Hora: 12:00
Entrada libre