Remate do Curso de Introdución ao Deseño Gráfico

O día 16 de marzo rematamos o Curso de Introdución ao Deseño Gráfico en Aula D. Ao longo de catro semanas fixemos un percorrido pola historia do deseño gráfico, a tipografía e o debuxo tanto manual como dixital. Asemade propuxemos deseñar a imaxe de marca dunha tenda de nome «La Chocante» adicada a venda de todo tipo de derivados do cacao, bombones, chocolates, … Este é o resultado acadado. Noraboa a todxs.

Retratos fotográficos persoais e experiencias plásticas

Ata o próximo 24 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D unha exposición de traballos realizados durante o primeiro trimestre do presente curso dentro dos módulos de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual e Fundamentos da Representación e a Expresión Gráfica.

A mostra consiste nunha serie de retratos fotográficos persoais, e diversas experiencias de tipo plástico realizadas polos alumnos de 1º de Gráfica Publicitaria: Angel Currás, Ana Domegan, Duarte Escariz, Teresa Fernández, Lucía Ferreira, Antía López, Andrea Martínez, María Mosquera, Noa Sánchez, Paula Santos y Raquel Vilas.

 

DESEÑO HIPERACTIVO

cartel-nido-web

O xoves 28 de xaneiro ás 12:30 horas visitarán a escola a deseñadora gráfica Noemí Díaz Patiño (Itrynottothink)  e os arquitectos Alberto Cebral e Ramón Viéitez, que impartirán unha conferencia baixo o título DESEÑO HIPERACTIVO. Deseñar contra os elementos e non tirar a toalla. Reinventarse.
No transcurso da mesma presentarán varios proxectos de deseño e non só deseño.
Son socios fundadores de Espacio Nido, situado no Barrio Alto do Casco Vello, estando comprometidos coa promoción deste ao través da páxina web Fairúa, e da Asociación Veciñal, participando na organización de ciclos de cine e teatro levados a cabo na Praza do Abanico
Dende Aula D queremos contar coa participación de todos os que vos queirades achegar á escola e agradecer por adiantado a vosa asistencia.

CURSOS DE INTRODUCCIÓN AO DESEÑO

Este é o calendario de cursiños en Aula D para as vindeiras semanas. Como novidade este ano dividimos o CIDE (Curso de Introducción ao Deseño) que consistía nunha aproximación a distintos campos do deseño como gráfico, de interiores ou de produto. Os novos cursiños, que se desenvolven consecutivamente, teñen como o obxectivo que o alumnado poda experimentar e practicar un proxecto temático específico de cada especialidade, apoiados por unha formación teórica complementaria. A aqueles que queiran asistir a máis dun curso se lles aplicará a tarifa de exalumnado.

cursos 1trim BAIXA
Maís información en:

Cose unha Casa / Habita unha prenda II

O venres 18 rematamos o traballo conxunto deste ano, que consistiu na interpretación libre sobre a proposta de La Canalla de Cose unha Casa / Habita unha prenda. O alumnado dos ciclos de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores dividíronse por grupos de 5 persoas para facer unha proposta creativa e reflexiva no ámbito do téxtil. Para elo contaban cunha zona da escola para cada grupo onde desenvolver o seu traballo e tamén, si fora o caso, intervir no espazo. Asemade, outro grupo encargouse de facer un vídeo e unha serie de fotos para testemuñar o evento.

Dende Aula D queremos agradecer a Patri e a Fran a súa xenerosidade e sapiencia á hora de suxerir e comentar os traballos realizados. Por outra banda, queremos felicitar o esforzo e dedicación por parte do alumnado. E para rematar, festa de nadal.

 

https://www.youtube.com/watch?v=kpXbZaBi9Vk

 

Notre Dame du Haut. Le Corbusier

O alumnado de primeiro curso de Gráfica Publicitaria fixo o examen da primeira avaliación do módulo de Medios Informáticos, durante dúas horas, que consistiu nun flyer para a famosa capela de Notre Dame du Haut, deseñada por Le Corbusier nos anos ´50, unha das obras máis representativas da arquitectura moderna.

A continuación, unha pequena mostra das distintas interpretacións libres que fixeron do edificio, baseadas na mesma fotografía.

Visita ao Museo Anfaco

O alumnado de Deseño Gráfico de Aula D visitou o xoves 26 de novembro o Museo Anfaco. A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos está adicada a dar soporte técnico, formativo e divulgativo ás empresas do sector conserveiro, e ten as súas instalacións no Campus Universitario de Vigo. A industria conserveira estivo ligada á evolución e o desenvolvemento da cidade de Vigo dende a súa orixe, tanto no ámbito económico como no social e cultural.

O Museo fai un percorrido polos inicios e a consolidación do sector das conservas de peixes e mariscos a través de obxectos tales como documentos, maquinaria, fotografías, … e interesantísimas mostras de pedras litográficas, latas, estuchados, ilustracións e distintos soportes publicitarios. Tamén podemos descubrir unha pequena parte da obra do vigués Federico Ribas, un dos máis grandes ilustradores da primeira metade do século XX.

Exposición de traballos do ciclo de Gráfica Publicitaria

IMG_20151014_200734

Ata o 3 de novembro pódese visitar no espazo polivalente da escola unha escolma dos traballos realizados polo alumnado de 1º e 2º curso nos módulos de Linguaxe e Tecnoloxía Audiovisual e Fotografía do Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria.

En base aos exercicios propostos durante o curso os alumnos e alumnas desenvolveron os seus proxectos dando como resultado traballos nos que a creatividade e a excelente realización técnica van da man dando lugar a imaxes sorprendentes, espazos oníricos, reflexións estéticas,  novas perspectivas, doses de humor e, en definitiva, a un suxerente percorrido por outras visións dende as que o espectador remata por descubrir unha ventá aberta á súa propia imaxinación.

_______

A entrada é libre e gratuita, nos horarios de apertura da escola.

Aula D, escola de deseñoRúa Ourense 4 (praza interior), -Vigo

Autorretratos cubistas

O cubismo foi un movemento artístico de vangarda iniciado xa hai máis de 100 anos. Entre outras cousas, o cubismo intentaba introducir nas artes plásticas a cuarta dimensión, é dicir, o tempo. Esto era posible mediante a visión de perspectivas simultáneas e consecutivas do obxecto.

O grupo de primeiro de Gráfica Publicitaria ensaia estes días  a técnica cubista coas súas propias facianas.

«La tabla periódica», un proxecto de Leticia Rodríguez

Dende o vindeiro venres 6 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D a exposición do proxecto “La tabla periódica” da ilustradora Leticia Rodríguez que nola presentará a partires das 12:30 horas dese mesmo día no transcurso da conferencia impartida por ela.

O proxecto “La tabla periódica” consiste nunha colección de cromos con ilustracións inspiradas nos elementos da mesma. Na parte frontal de cada un aparece unha ilustración composta por unha imaxe principal, un fondo estampado e un marco; na parte traseira figuran os datos do elemento químico correspondente.

Leticia Rodríguez é titulada en Bellas Artes e en Conservación Arqueolóxica e actualmente traballa como deseñadora gráfica.

tabla

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
Volver arriba