O pasado venres inauguramos a exposición 11 lámparas vestidas, un proxecto levado a cabo por Xan Centrón, Miguel Vázquez, Sara Veiga e Nerea Villar, promotores de The Nude Design.
O concepto Nude xira en torno á idea de deseñar mobiliario e obxectos que poidan ser facilmente personalizables polos usuarios, nunha confluencia entre deseño industrial e deseño gráfico. A súa primeira creación é a lámpada Miss Mixx:
Cando alguén entra na tenda www.the-nude-design.com pode partir dunha lámpada «desnuda» ou dalguna das coleccións para «vestila»; combinando cor, texturas e ilustracións pódense conseguir máis de 700 combinacións.
Ademáis da propia inauguración, pola mañá ofrecéronnos unha interesante charla na que explicaron detalladamente tanto o proceso de deseño de Miss Mixx como cuestións referidas ao proxecto empresarial, a imaxe corporativa ou o deseño e desenvolvemento da páxina web.
Próximamente teremos novas deste grupo de emprendedores, ex-alumnos da escola, que adiantaron a súa intención de lanzar un proxecto colaborativo dentro do concepto Nude.
Ver a galería completa.