Exposición «Webexpress»

 

Como remate do primeiro trimestre do curso 2012 – 2013, Aula D organizou un seminario en torno as técnicas escenográficas propias do medio televisivo, impartindo para elo clases teóricas de aproximación ás características deste medio dentro do campo da escenografía en xeral.

Os alumnos de 1º e 2º curso dos Ciclos Formativos de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración e de Gráfica Publicitaria que se imparten en Aula D, organizados en grupos, participaron na realización dun traballo consistente na resolución dun proxecto para un programa informativo de televisión no que se tratasen cuestión relativas as novas tecnoloxías e canles de comunicación a través de internet dentro dun programa divulga tivo informativo e de opinión, baixo o nome de webexpress.

As solución adoptadas abrangueron dende os aspectos escenográficos e gráficos entendidos como inseparables na procura da unidade conceptual, ata as franxas horarias, público obxectivo e demais aspectos que segundo o caso concernisen a cada proxecto en particular.

Estes proxectos, tras ser defendidos polos distintos grupos de traballo, foron expostos mediante as maquetas e os manuais gráficos correspondentes no espazo polivalente de Aula D durante o mes de xaneiro de 2013.

Ver a galería completa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba