As transformacións tecnolóxicas, estéticas e sociais acontecidas nos últimos anos, precisan da adaptación das nosas vivendas. Pequenos cambios, que non implican un grande desembolso económico, poden permitir esta actualización.
A vivenda é unha das cuestións máis complexas que abordamos dende o deseño de interiores, dada a cantidade de actividades diferentes ás que debe dar resposta para satisfacer as necesidades dos seus usuarios, polo que asumimos que ”a vivenda é unha máquina de habitar”. Non obstante, a vivenda custodia os nosos recordos, vivencias, memorias, … reflexa a nosa persoalidade, e dicimos “como na casa de seu non se está en ningures”.
Metodoloxía
O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos tanto teóricos como prácticos para abordar a reforma dunha vivenda. A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e a realización de casos prácticos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que desexan iniciarse no deseño de interiores, ou que pensan reformar a súa vivenda.
Profesorado
Xesús Carrazoni Fuertes, Arquitecto. Xerardo Pérez Medrano, Arquitecto.
Pedro Román Company, Deseñador de interiores. Iria Sobrino Fajilde, Arquitecta.
Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D. Escola de Deseño.
Horario
Venres 23 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 24 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Venres 30 de maio, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 31 de maio de 10.00 h á 14.00 h
Prezo
Xeral : 80 euros
Parados, menores de 18 anos e alumnos de Aula D : 40 euros
Exalumnos de Aula D : 60 euros
A abonar antes do martes 20 de maio, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 73 3040026857). Contacta en cursos@aulad.com


[…] Curso de Reforma interior de vivendas […]