Remate do Curso de Escaparatismo

O pasado 29 de outubro rematou o Curso de Escaparatismo logo da exposición dos escaparates proyectados polos alumnos asistentes. O proxecto elaborado durante as dúas semanas de curso consistiu no deseño dun dos escaparates pertencentes á Librería Prisma, situada na rúa Coruña, nº 56 en Vigo, que serviría para promocionar durante uns días o libro publicado pola Editorial Galaxia de nome «Cociñando ao pé da letra» e co subtítulo «entra na literatura galega … ata a cociña».

O libro xurde a partires dunha idea de Yolanda Castaño sobre a mixtura de cociña e literatura. Convídase a varios escritores galegos para que fagan un relato corto e libre sobre a cociña. Asemade cada un deles terá que cociñar algún prato baixo a cámara atenta da fotógrafa Andrea Costas. O libro complétase cunha reseña de cada autor feita pola propia Yolanda Castaño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba